
A idea d’esta obra nacéu a primeiros del 2014 de resultas da investigación feita pra documentar a denuncia da desaparición de Jesús Fernández Pérez en novembre de 1936 da cárcel de Tapia. El sou caso presentóuse á conocida como Querella Arxentina, aberta nun xuzgao de Buenos Aires buscando úa vía penal internacional ante a impunidá qu’os crimes del franquismo tein nel Estao español. A idea primeira era investigar tamén outros casos de desaparicióis que se deran na zona occidental d’Asturias tentando de localizar y entrevistar a parentes de víctimas asesinadas. Al cabo, el estudio foi abríndose a outras tipoloxías de represión y botando mao de máis fontes documentales hasta chegar nel 2021 al resultao del llibro Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d’Asturias.
Como augua de torbón presenta el panorama político y sindical del estremo noroccidental d’Asturias nos anos da Segunda República pra entender contra qué xente foi a represión dos golpistas desque conquistaron aquel territorio. Os conceyos que s’estudian son San Tiso d’Abres, Taramunde, Santalla, Vilanova y Samartín d’Ozcos, Eilao, Bual, Villayón, Navia, Cuaña, El Franco, Tapia, Castripol y A Veiga. Fálase primeiro del sindicalismo obreiro y agrario, ademáis da lluita electoral nos tempos da Segunda República, outubre de 1934 y as eleccióis de 1936. Descríbense os menos de quince días en qu’a zona tuvo baxo el control das autoridades republicanas despóis del golpe militar. Esplícase el funcionamento dos comités de guerra conceyo a conceyo y fálase dos sucesos bélicos da toma de Ribadeo el 23 de xuyín y A Pontenova el 25 de xuyín, na provincia vecía de Lugo, antias da entrada na Veiga el día 30 d’ese mes d’úa columna militar rebelde vida dende Galicia al mando del comandante golpista José Ceano Vivas. Cúntase despóis a ocupación da zona costeira entre a ría del Eo y el río del Vau y recóyense os datos que se puideron xuntar sobre os enfrentamentos armaos y as forzas que lluitaban.
Apúntanse tamén datos sobre el allistamento de soldaos da zona nas tropas de Franco, sobre a persecución da marina gubernamental y hasta se documenta un suceso pouco conocido como foi el reclutamento forzao d’un peteiro de marineiros d’Ortigueira (Cuaña) por un submarino republicano.
Cua chegada das tropas de Ceano y el nomamento d’autoridades militares, xudiciales y municipales novas empeza a represión. Al tempo que s’instruían os primeiros sumarios a os presos republicanos, tamén se deron ben casos d’asesinatos estraxudiciales, os famosos paseos. Trátanse todos os casos que s’atoparon y dalgús documéntanse cos oficios dos comandantes militares que tentaban de disimular as faltas nos depósitos municipales botando a culpa a fuxidas nos treslaos entre cárceles. Muitas d’esas mortes, conocidas por tradición oral, nun tán nos rexistros civiles. Dalgúas anotáronse despóis da guerra y nos anos oitenta del siglo pasao. D’outras nun se sabía hasta esta investigación.
Outro capítulo da represión franquista foron os conseyos de guerra, sin ningúa garantía xudicial, arbitrarios y desproporcionaos nas condenas. É a famosa xusticia al rovés: militares golpistas condenando por rebelión a os que defenderan el orde constitucional. Fálase dos conseyos de guerra feitos a os presos da zona noroccidental, que foron primeiro en Lugo y, condo en outubre de 1937 cayéu Asturias, pasaron a Castripol y Ḷḷuarca, ademáis de celebrárense en Xixón y Uvieo. Tamén se fain dalgús apuntes sobre os campos de concentración que se puxeron nel territorio (Arnao, Ortigueira y Andés) y sobre a xente da zona noroccidental qu’acabóu anos despóis nos campos nazis.
Tamén a persecución foi contra os fugaos y escondidos, os máis d’ellos por nun presentárense a filas y outros pola súa implicación política na etapa anterior. A Serra da Bovia foi el sito pra unde muitos fuxiron, pro foron piyándolos ou presentándose pouco a pouco y os máis acabaron en batallóis de soldaos trabayadores.
El papel da Falanxe analízase non solo a partir da memorial oral, senón gracias á documentación inédita que se puido localizar del agrupación local del conceyo del Franco. A represión sobre as muyeres trátase nun apartao específico unde se describen as humillacióis públicas feitas contra ellas, ademáis dos casos en que foron obxeto de procesamento; tamén das detencióis de madres, muyeres y irmás d’homes escondidos como xeito de presión pra qu’éstos s’entregaran.
Faise nel llibro un achegamento al tema da represión económica a partir dos sumarios xudiciales y dos datos sacaos del Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo sobre os espedientes tanto de responsabilidá civil como despóis de responsabilidades políticas que s’abriron a centos de personas da zona. Tamén se trata a depuración das bibliotecas, del maxisterio y d’outras profesióis.
Despóis de toda a primeira parte que val de marco esplicativo, éntrase a falar das víctimas con nomes y apellidos. Ordenaos conceyo a conceyo, cítanse caso por caso todos os mortos, presos y despatriaos tentando de llevar un orde cronolóxico, máis ou menos el que seguíu a represión: pasiaos, procesaos y xuzgaos en Lugo, mortos nel frente, escondidos, xuzgaos despóis de cayer Asturias, etc. As máis das veces, de cada víctima pouco se puido averiguar agá el puro dato documental.
El llibro zárrase con úa última parte unde se presentan 100 biografías un pouco máis llargas d’aquellos casos dos que se puido xuntar máis información, non solo oral senón tamén bibliográfica. Dalgúas, condo os protagonistas eran familia, recoyen el caso de máis d’úa persona.
Entre os apéndices, ademáis de llistas de víctimas mortales, hai un índiz toponímico y outro onomástico con todas as personas citadas nel llibro, camín dos 2.000 nomes.
A primeira edición de Como augua de torbón, un obra de 784 páxinas con un feixe de fotos y reproduccióis de documentos, financióuse con úa campaña de crowdfunding en Verkami feita en setembre del 2021. Axina s’agotóu a tirada y houbo que fer úa segunda edición a primeiros de decembre d’ese ano. En xeneiro del 2023, sacóuse úa terceira edición. El llibro pódese atopar en llibreirías ou pedirse directamente a Ediciones Trabe.