
Juaco, mentres taba fendo el servicio militar na Marina.
Condo nel mes de xuyín de 1936 as forzas d’esquerdas y os sindicatos obreiros asumiron a defensa da República creando comités de guerra locales, As Figueiras nun foi úa escepción y axina, botando mao de voluntarios, controlaron a central telefónica y amañaron guardias. Sabemos dalgús detalles d’aquellos días gracias a un diario qu’escribíu a telefonista, partidaria dos sublevaos[1].
A villa de Ribadeo, frente por frente nel outra veira da Ría del Eo, era das últimas de Galicia que seguía fiel al Goberno, así que’l xoves 23 de xuyín salíu de Lugo úa columna golpista pr’acabar cua súa resistencia. Condo chegan as tropas, vese qu’a defensa vai ser mui difícil y daquén decide mandar pedir axuda á veira asturiana. Nel diario da telefonista, cúntase qu’a eso das dúas entrara na central das Figueiras todo desencaxao Aníbal Margolles, vocal d’Izquierda Republicana y fiyo del conceyal Manuel Margolles. Pide xente voluntaria porque os soldaos tán nas portas da villa. Pro, según ella, entre os presentes «nadie se mueve» (Diario da telefonista, p. 11). Hai qu’entender qu’os milicianos qu’había nas Figueiras eran us contos vecíos y as poucas armas das que dispoñían, escopetas de caza as máis d’ellas, iban compartíndose según cambiaban os relevos[2].
Son as dúas y veinticinco. Súan disparos en Ribadeo. Ás cuatro y dez síntese máis forte el tiroteo hasta qu’a villa cai en poder das tropas sublevadas y «los rojos huyen a la desvandada [sic] hacia Figueras» (Diario da telefonista, pp. 11v-12). El balance é de sete víctimas mortales, todas entre os resistentes, aparte de docías y docías de presos sobre os qu’ha a cayer a represión. Nel llibro (Como augua de torbón, 99-105), falo da toma de Ribadeo con máis detalle y recoyo el dato da presencia entre os prisioneiros del celador de Telégrafos de Castripol, el gallego José Saa Sánchez, conocido polos vecíos como Funquiños, acusao de tirar dinamita contra as tropas. A telefonista fala d’él fendo guardias polas Figueiras tres días antias (Diario da telefonista, p. 4v). Agora podo confirmar documentalmente que Saa taba en Ribadeo precisamente respondendo á chamada de Margolles d’aquel día. Y qu’ademáis houbo quen si se movéu nas Figueiras: un marineiro qu’acompañóu al dirixente ribadense hasta Castripol en busca d’axuda y que marchóu despóis prá villa gallega col celador. Ese marineiro era Juaco da Caseira.
Joaquín Suárez García nacera nas Figueiras (Castripol) el 19 d’abril de 1904[3]. Era fiyo del marineiro José Suárez Jonte y de Natividá García Jove, da Caseira, y por eso todos lo conocían como Juaco da Caseira. Igual que sou padre y muitos dos sous vecíos, tamén él ganaba el pan andando á pesca, na súa lancha Segunda. Casara con Serafina Martínez Cotarelo, cua que vivía núa casa da praza de San Foliz. En 1931 tuveron un fiyo[4], al que tamén iban acabar chamando Juaco. En 1937 nacéu úa nena, María Rita, Maruja, pro el padre xa nun la puido conocer. El 30 d’abril d’ese ano, us guardias civiles foron buscallo á casa, «habiendo tenido conocimiento por confidencia» que chamara á xente de Castripol a defender Ribadeo del avance das tropas golpistas. Pasaran nove meses dos sucesos y daquén nun esqueicéu ir cuntaryo ás autoridades.
¿Cuál fora el papel de Juaco naquella xornada tan intensa del mes de xuyín de 1936?[5] El primeiro que resulta evidente é qu’Aníbal Margolles nun chegóu solo ás Figueiras. Foi núa motora dos Tapiegos, úa familia del barrio ribadense de Porcillán dedicada al barcaxe pola ría. Iban con él tres dos amos: Pepe, Ricardo y Antonio. Ante a petición d’axuda dos de Ribadeo, os responsables das Figueiras que taban na central telefónica deberon mandallos pra Castripol, unde al cabo taba el alcalde, qu’era quen tía toda el autoridá del comité de guerra. Foi ei condo se xuntóu con ellos Juaco, al que ye deron un arma llarga. Alredor das dúas y media amarraron na Puntía. Margolles y outra persona, un tal Ramón, subiron hasta el Conceyo. Al cabo de media hora máis ou menos, volveron prá Puntía sin el arma que llevaban y al parecer Juaco subíu por ella. Cítase nas declaracióis que falara nel Conceyo col alcalde Ángel Pérez[6], col tenente alcalde Francisco Fernández Méndez, Paco del Mazo[7], os dous d’Izquierda Republicana, y tamén col presidente da sociedá obreira de Castripol, Manuel Martínez[8]. Debían ser camín das tres y chegaría claramente a os sous ouguidos el eco dos disparos en Ribadeo retumbando na ría. Juaco, xa col arma al ombro, na praza delantre del Conceyo, enfadao ante el silencio dos dirixentes municipales y obreiros, empezóu a diciryes qu’eran us cobardes, socialistas namáis de boca que falaban muito de llibertades, pro que condo había que defendellas cuas armas na mao, nun había nin homes nin socialistas. Qu’había qu’ir a Ribadeo pra fer frente ás tropas y qu’él mañá igual era cadabre, pro que naquel día iba ser el primeiro en defender a llibertá y a independencia. Berróu el sou nome, a súa edá y d’únde era, y tiróu decidido camín del muelle. Namáis lo acompañaron el tal Ramón y el celador de Telégrafos, José Saa, que salíu del Conceyo con outra arma llarga. Condo chegaron embaxo, Margolles xa marchara pra Ribadeo noutra motora, así que subiron á lancha dos Tapiegos[9] y botaron pr’alló. Desembarcaron nel muelle de Figueirúa y foron hasta O Campo. As tropas rebeldes xa debían ter cuase tomada a parte alta de Ribadeo, así que, según esplicóu Juaco na súa declaración, baxóu hasta Porcillán, tiróu el arma al mar y embarcóu como puido pras Figueiras.
Como xa s’esplicóu, á Guardia Civil debéu chegarye a delación de dalgún vecín sobre el actuación del das Figueiras. A partir d’ei, el comandante del posto, Constantino Martínez Arias, recoyéu os testimonios del médico Marcelino Murias Conde, que taba asomao aquel día nel mirador da súa casa y que presenciara a escena, y del marineiro Vicente Pérez Díaz, Milano, que taba na praza. Tamén interrogóu al marineiro Antonio Legaspi Oroza[10], que taba na Puntía condo chegara a motora. En conto á Juaco, na súa declaración diz que fora obrigao y nega que dera ningún discurso. De miga ye valíu: ás oito da noite entréganlo al xuez militar de Castripol, Jacinto Alonso, que lo manda prá cárcel y qu’empeza a instrucción da causa tramitándolo como xuicio sumarísimo. Procésalo con prisión incondicional y embargo das súas propiedades pra fer frente ás posibles responsabilidades civiles, ademáis de pedir máis testimonios. Outra vez hai voces que ye dicen al ouguido quén pode declarar: «Habiendo llegado a noticias de este Juzgado militar que pueden dar alguna razón acerca de los hechos que se persiguen», chama el día 21 de mayo al secretario municipal, Benigno Rodríguez, al empreao José Villadonga Parga y á súa muyer Elisa Rodríguez García. El secretario, que considera a Juaco «de ideas avanzadas izquierdistas», declara que lo víu baxar con Saa dicindo qu’iban conter as forzas militares, mentres qu’el empreao diz que nun víu miga, pro sabe, «por haberlo oído», que pasara pra Ribadeo. Outro tanto diz a muyer, que tamén lo sabe «por referencias». Así eran muitas das acusacióis d’aquellos días.
El xuez pide os informes preceptivos al alcaldía y á Guardia Civil. El alcalde Francisco Campoamor Núñez diz que nun lo conoce pro que, por «personas solventes», sabe que «el Joaquín hacía ostentación y propaganda de ideas socialistas y, dentro de esta ideología, su vida privada era la normal, bien que con absoluta abstracción de sus deberes religiosos». Nestos informes é evidente qu’el que se valoraba eran as súas ideas políticas. El del comandante Martínez Arias iba nel mesmo sentido: «No me merece buen concepto, su ideología es socialista extremista, de la cual ha hecho alarde y por consiguiente propagandista».
Nel dictame, el xuez Alonso diz que Juaco chegóu a desembarcar, pro que pinta que desistira del sou propósito de fer frente ás tropas. El Auditoría de Guerra da Coruña eleva os autos a plenario pol procedemento sumarísimo y pásalo á Fiscalía pra que faga el escrito de calificación provisional pra mandallo al Gobernador militar y qu’este nome xuez instructor. As formalidades eran eso: formalidades. El 2 de xunio el fiscal propón cadía perpetua ou morte por rebelión militar y el xuez instructor, el capitán Luis Figueiras Gestar, reclama el preso pra ser xuzgao en Lugo. El día 5, Juaco ingresa na prisión provincial y ten qu’escoyer abogao defensor entre os militares sublevaos que ye ofrecen. É Pedro García Rosado, tenente d’Artilleiría, que ten tres horas pra estudiar os autos y que pide que declaren nel conseyo de guerra el médico forense de Castripol, Vicente Sanjurjo, y dous vecíos das Figueiras: el comerciante Ramón Lebredo Sanjurjo y el médico Luis Canel.
El día del conseyo, el 9 de xunio pola mañá, nel salón da Diputación unde se celebran as vistas namáis se presenta a declarar Lebredo, que chufa a Juaco como búa persona. Diz que nunca fora dirixente nin propagandista y que toda a familia votara polas deretas. Era úa declaración de muito mérito pr’aquellos tempos de tanto medo, pro iba valir de pouco. En conto al abogao defensor, referíuse a «la labor funesta de los llamados partidos democráticos que con su propaganda ejercida desde las altas esferas del Poder, Gobiernos, ciudades y Ayuntamientos engañaron a las personas de poca cultura que no podían discernir el alcance de aquella, siendo este el caso del procesado, una de tantas víctimas de los errores de dicha propaganda». Destacóu ademáis que Juaco arrepentírase y tirara a escopeta á ría, polo que pedíu el absolución y, se al cabo lo acusaban de rebelión, que fora en grao de tentativa. Tanto daba: a sentencia del tribunal foi por rebelión militar y, tendo en conta «el grado de perversidad y la trascendencia del delito», condenáronlo á pena de morte[11]. Núa carta á familia, Juaco pídeyes a súa irmá Concha y a sou cuñao Manolo Quintana que miraran pol fiyo y tamén pola fiya que taba por vir.
El xeneral xefe del 8.º Corpo d’Exército, Antonio Aranda, aproba a sentencia y, desque a Secretaría de Guerra de Franco se dá por enterada, acordan el fusilamento. Ás tres da mañá del 9 de xuyín de 1937 van comunicaryo á celda. Llévanlo á sala destinada a capiya y négase a firmar el acta. Tres horas despóis, fusílanlo nas paredes del edificio novo del cuartel da Guardia Civil de Lugo, detrás del cementerio. Fusilan tamén a outro compañeiro gallego, d’Ourol (Lugo), el carpinteiro de 24 anos José Fernández Fernández[12]. Aquella mesma tarde, ás poucas horas de faltar Juaco, nacéu na Veiga a súa fiya Maruja[13].
Pr’allixeirar el cargo a Serafina naquellos momentos tan difíciles, os nenos xebráronse: Juaco con sous tíos Concha y Manolo, y Maruja con súa bola en Ribadeo[14]. A muyer foi salindo adelantre col axuda dos familiares y trabayando de cocieira pra fóra, en bodas y boutizos. Os que la conoceron acórdanse d’ella viaxando todos os anos por Difuntos a Lugo, visitar el cementerio unde taba Juaco[15].
El fiyo axina salíu pescar con sou tío Manolo, pro nun puido usar a lancha del padre. De resultas del espediente de responsabilidá civil que ye incoaran a Juaco, sacaron a puxa pública nel Xuzgao de Primeira Instancia de Castripol a lancha Segunda y el bote Maruja, da súa propiedá. Requisáranyas y taban al cargo de Miguel González Martínez, de Patrocino, xefe da Falanxe local. Valoráranse en 500 pesetas y por ese precio saliron na puxa el 5 de decembre de 1939[16], pro pinta que naide quixo puxar por ellas. Allí quedaron paradas pra sempre, derriba del Muelle Veyo, con un lletreiro que poñía «Viva Franco».
BIBLIOGRAFÍA CITADA
AXMG = Archivo Xeneral Militar de Guadalajara
Diario da telefonista = Diario manuscrito da telefonista das Figueiras cuntando os feitos ocurridos nel llugar entre el 11 de xunio de 1936 y el 2 de xeneiro de 1939 (Archivo del Muséu del Poblo d’Asturias, Xixón).
[1] A llibreta manuscrita forma parte dos fondos del Museo del Poblo d’Asturias, en Xixón.
[2] A chegada á zona estremoccidental de milicianos del centro d’Asturias, dalgús d’ellos con esperiencia nos sucesos revolucionarios d’outubre de 1934, nun foi hasta el día 26. Os mandos republicanos, dedicaos al asedio d’Uvieo y dos cuarteles sublevaos de Xixón, nun deron reaccionao a tempo.
[3] Nel llibro fago úa reseñía pequena del sou caso (Como augua de torbón, p. 311), pro agora, al consultar úa copia da causa militar que ye abriron, a 674/37, puiden saber máis da súa historia y correxir dalgún detalle. Teño qu’estimaryes tanto a María Antonia Suárez García, neta del protagonista d’estas renguileiras, como a Fernando Quintana Suárez, Chenano, sobrín d’él, a súa información sobre a familia. Tamén a Valentín López Castro as súas xestióis pra localizar fotos y contactos, y a Miguel Freire, del ARMH, por apurrirme a causa.
[4] El Aldeano, 15-8-1931.
[5] A partir d’aquí tentamos de reconstruír os feitos a partir das declaracióis na causa 674/37 de testigos y del propio Juaco. Como é normal, hai contradiccióis y incoherencias entre os testimonios. Ás veces dalgún diz desconocer a identidá de dalgún protagonista pra evitarye consecuencias ruías.
[6] Como augua de torbón, 668-673.
[7] Como augua de torbón, 507-510.
[8] Nel llibro falo de Manuel Martínez López, conceyal socialista que taba nel última xestora del Frente Popular (Como augua de torbón, p. 57), y de Manuel Martínez Riopedre, fiyo de Cecilio y Cristina, nacido en 1900, que debía tar nel comité de guerra de Castripol (Como augua de torbón, 83) y que figura núa llista de 1939 de fugaos presentaos ou capturaos pola Columna d’Operacióis d’Asturias: tuvera escondido muito tempo na súa casa y nos montes d’alredor hasta que se presentóu el 5 d’outubre de 1939. Pasóu despóis por un Batallón de Soldaos Trabayadores (AXMG). Debe ser el Manolo de Cecilio que citan en dalgúa causa xudicial como encargao d’organizar as guardias dos obreiros nos días de funcionamento del comité en Castripol (Como augua de torbón, p. 84).
[9] Alomenos Pepe el Tapiego debéu escapar pras Figueiras, porque al outro día encárgase d’organizar allí a us contos dos fuxidos de Ribadeo pra que requisen fornos pra fer pan (Diario da telefonista, pp. 15-16).
[10] Sou irmao José llevaba un mes na prisión de San Simón (A Coruña), cumprindo a condena a cadía perpetua que ye puxera un tribunal militar por participar nas guardias del comité de guerra de Castripol (Como augua de torbón, pp. 595-597).
[11] Presidía el tenente coronel José Pardo y Pardo; vocales, os capitáis José López Rodríguez, Victorino González Camarero, Manuel Barreira Suárez, Antonio de Azpiazu Tato, Enrique Méndez Iglesias y el alférez honorario Antonio Hervella Tovar; fiscal, el tamén alférez honorario Eduardo Sanjurjo Carricarte. Pode dar úa idea del arbitariedá d’estas sentencias el feito de qu’el sou compañeiro na espedición a Ribadeo, José Saa, fora condenao seis meses antias noutro conseyo de guerra en Lugo a cadía perpetua y non a morte (Como augua de torbón, 300).
[12] El Ideal Gallego, 10-7-1937.
[13] Estímoye el dato rexistral a Fernando García Rodríguez. Serafina marchara ter a fiya á Veiga, unde vivía daquella úa irmá d’ella, Genoveva.
[14] Un irmao de Juaco, Domingo, Mitas, que fixera guardias pral comité nas Figueiras, tuvo preso un tempo en Arnao (Como augua de torbón, 82, 311).
[15] Este cementerio clausuróuse al inaugurar el novo en 1948 y derribóuse en 1972. Hoi hai un hotel derriba.
[16] BOPO, 29-7-1937, 17-11-1938.
Magnífica publicación, amigo meu, verdadeiramente e mui importante el tou llabor de concenciación de todo el relacionao cua represión franquista, un abracín enorme.
GústameGústame
Gracias
GústameGústame
Muitas gracias Tapia, por manter a memoria.
GústameLiked by 1 person