José Castro Gayoso

José Castro con súa muyer, Luciana García, que lleva nel collo a María Luz. De pé, el fiyo máis grande, José. A foto debe ser d’alredor de 1935.

Como muitos outros mozos, José Castro Gayoso (Mesego, Carballiño, Ourense, 13-3-1911) víuse obrigao a ir llonxe da súa terra pra ganar el pan. A familia tuvo marcada pola emigración y pola morte nel servicio militar d’ún dos irmaos, de tal xeito que na casa patrucia namáis quedóu úa irmá[1].

José atopóu trabayo como canteiro na construcción das Escolas Graduadas de Bual. Na familia recordábase un viaxe que fixera a Ribadeo a un mitín socialista, así qu’as súas simpatías políticas polas esquerdas eran evidentes. Seguramente en Bual entróu en contacto col ambiente sindical que medraba naquel conceyo de resultas da chegada de centos d’obreiros a trabayar nel salto de Doiras, anque el organización tamén s’estendéu a os demáis trabayadores del ramo da construcción[2].

En 1933, José presentóu úa reclamación ante el Xurao Misto da Construcción por diferencias de salarios contra el sou patrón[3] —el inxenieiro industrial vigués Luciano González Salgado, que llevara el axudicación das obras das Escolas en 1930[4]—. Outros dous compañeiros sumáronse tamén á reclamación: el canteiro  portugués Manuel González Direito[5](1909) y José Antonio Fernández Blanco[6] (L’Agüerina, Balmonte, 1912). Ben sei qu’el espírito reivindicativo qu’amostraron daquella debéu seguir vivo al llargo d’aquellos anos da República pra quedar marcaos como significaos: os tres sufriron despóis a represión del bando rebelde. José, como s’ha a ver, foi asesinao. A Manuel prendéronlo en Bual con outros cinco vecíos en 1937, sufríu un conseyo de guerra y acabóu na cárcel condenao a cadía perpetua (Como augua de torbón, 414). José Antonio, conocido como Cachofas, en acabando a guerra, despóis de pasar por un conseyo militar, escapóu da colonia penitenciaria na que cumpría condena, fugóuse al monte y xuntóuse con dalgúas partidas. Condo lo piyaron en 1942, despóis d’un conseyo de guerra sumarísimo, condenáronlo a morrer nel garrote vil (García Piñeiro, 2015: 53-54, 144-145).

Condo José chegara a Bual, amañara d’atopar pousada núa casa del barrio bualés da Pilella. El amo, pasao un tempo, ofrecéuye casar con úa das fiyas, pro el rapaz xa reparara núa vecía d’allí cerca, Luciana García Díaz, cua qu’acabóu casando. A parexa tuvo dous fiyos: José (1933) y María Luz, nacida en novembre de 1934, dous meses despóis da inauguración das Escolas Graduadas. D’esos anos felices de mocedá de sou bolo, el sou neto Julián namáis conoce úa anécdota: cuntábase qu’apostaba a romper vasos a mordiscos sin cortarse. Y ganaba.

Miga sabemos da implicación política de José nos meses que veron despóis, nin nos poucos días en que Bual tuvo baxo el control das autoridades republicanas hasta que foi ocupao polas tropas rebeldes el 2 d’agosto de 1936. El caso foi qu’ás poucas semanas chegóuye el aviso de qu’iban ir prendello, así que s’escondéu nel monte. Luciana pasóu muito medo porque as autoridades presentábanse na casa de ralo en ralo, de mui mal xeito y con violencia. Así y todo, el home ás veces baxaba de noite á Pilella ver a familia, qu’aumentara de pouco con Orlanda, einda úa nena de collo. Pro un 8 de setembre, pinta que por úa delación de dalgún vecín, piyaron a José na casa. Lleváronlo y nunca máis souberon d’él, anque yes chegóu a información de que lo mataran cerca de Veiga (Navia), nas Cañosas. Daquella tía 25 anos y súa muyer, 26.

A vida que pasaron Luciana y os fiyos foi mui dura. Pr’axudarye, us tíos acoyeron a María Luz nas Acenias (Navia). A madre trabayóu toda a vida pra salir avante. Anque quedara viuda, José sempre figuróu nos papeles como desaparecido: condo al fiyo ye tocóu fer el servicio militar, tuvo que xustificar a súa ausencia y el Conceyo de Bual publicóu un edicto pra qu’el padre comparecera[7]. Ben se sabía en Bual qué fora d’él.

Al cabo, en 1980, Luciana rexistróu a súa defunción como morto nel paraxe das Cañosas el 10 de setembre de 1936 por «Heridas sufridas en la pasada guerra civil española y encuadrado en las milicias de la República» (BDU). A espresión é un puro formulismo documental porque en realidá tratárase d’un asesinato estraxudicial d’un civil[8].

Al sou neto Julián, Luciana nunca ye cuntóu miga del caso. El pouco que recorda él é cómo a bola esplicaba a morte ruía que tuveran despóis os homes que lo llevaran aquella noite, como se el destino fixera a xusticia que nunca tuvera José: morreran na guerra, nun accidente de coche, d’úa enfermedá… A muyer pagóu toda a vida por un nicho unde agora ta el urna cua cinza dos sous restos. Sola, pra sempre sola, llamenta el sou neto.

BIBLIOGRAFÍA CITADA

BDU = Base de datos de las víctimas de la Guerra Civil y de la represión franquista en Asturias (Universidá d’Uvieo. Dir.: Carmen García García)

García Piñeiro, Ramón (2015): Luchadores del ocaso. Represión, guerrilla y violencia política en la Asturias de posguerra (1937-1952), KRK, Uvieo.


[1] Teño qu’estimarye os datos biográficos al sou neto, Julián Rumbero Castro.

[2] En 1934, a sección Oficios Varios de la Construcción de Doiras, federada na UGT, tía 682 afiliaos, mentres qu’Oficios Varios de la Construcción de Bual tía 150 afiliaos (Edificación. Boletín de la Federación Obrera de Industrias de la Construcción en Asturias, 2, xeneiro de 1934). Entre os obreiros del salto de Doiras tamén se fundara un sindicato anarquista, El Frente, con máis de 500 afiliaos (El Aldeano, 30-4-1932).

[3] Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo (BOPO), 25-10-1933.

[4] La Voz de Asturias, 19-6-1930. Nel llibro falo d’él como industrial bualés (Como augua de torbón, 156, nota 177; 414, nota 920), pro en realidá González Salgado era de Vigo y foi vecín de Bual namáis mentres se construíron as escolas, porque mantía el domicilio na ciudá pontevedresa. Ademáis, nesos anos das obras, na prensa local gallega citan a súa presencia en Vigo (El Progreso, 16-4-1931; Vanguardia Gallega, 1-1-1932; El Ideal Gallego, 28-3-1933).

[5] BOPO, 24-10-1933.

[6] BOPO, 26-10-1933.

[7] BOPO, 18-3-1954.

[8] Nel llibro (Como augua de torbón, p. 156), falo da morte de José Castro Gayoso al referirme ás posibles baxas nos enfrentamentos alredor de Veiga, Viḷḷapedre y El Vau entre os días 3 y 4 d’agosto. En 1980 tamén rexistraron a morte en Veiga d’un rapaz de Muros vecín de Pravia, Avelino Antonio López Varela, con fecha de defunción del 5 d’agosto y con úa fórmula aparecida na causa da morte —«Heridas sufridas en la pasada guerra civil española en acción de guerra, y encuadrado en el ejército de la República» (BDU)—. A fecha da morte y a procedencia xeográfica encaxa cos milicianos da Caxa de Reclutas de Pravia que tuveran nel frente da Veiga y dos qu’hai máis baxas esos días. Como eu recoyera un testimonio oral del aparición nas Cañosas de dous cadabres de pasiaos con us poucos días de diferencia despóis da toma d’aquel territorio polos rebeldes, debín engañarme y poño nel llibro que tamén Lopez Varela parecera nese paraxe. Agora, al repasar os datos pra redactar estas renguileiras, comprobo que nel rexistro namáis pon como sito da morte d’este miliciano el llugar de Veiga, a secas. Todas as coincidencias —y el error xa señalao— fixéronme relacionar nel llibro as dúas mortes y pensar ou ben que rexistraran mal a fecha da morte de José y que morrera nos enfrentamentos bélicos —hipótesis qu’agora queda descartada— ou ben que se tratara d’asesinatos estraxudiciales: nel caso de José queda confirmao y nel de López Varela tampouco nun é descartable porque nel llibro documento máis casos de milicianos presos pasiaos naquellos días.

Un comentario en “José Castro Gayoso

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s