Eusebio Cuesta Gutiérrez, «el Santanderino»

Petra y Eusebio, cua súa fiya Julia y el sou fiyo Gelín.

Condo en 1929 a empresa Gamboa y Domingo empezóu a construcción del salto de Doiras, Bual foi punto de chegada de centos y centos d’obreiros forasteiros, os conocidos como salteiros. El conceyo tamén foi escenario d’úa historia sindical hoi cuase desconocida, igual qu’a dos demáis del noroccidente asturiano. Dou dalgún apunte sobre esta cuestión nel llibro (Como augua de torbón, pp. 27-36) pr’axudar a esplicar contra quén foi despóis a represión franquista. Úa das víctimas d’esa persecución foi Eusebio Cuesta Gutiérrez, conocido como el Santanderino[1].

Nacera un 5 de marzo de 1897 en Enterrías, na Liébana (Cantabria), nel conceyo de Vega. Casara con Petra Marcela Allende Allende, nacida en 1894 nel llugar de Pembes, conceyo de Camaleño, tamén na Liébana. En 1930, con dous fiyos, Juliana, Julia (1923) y Ángel, Gelín (1927), marcharon pra Doiras en busca d’un futuro miyor. Eusebio era aserrador y llevóu con él as ferramentas d’aserrar, pro el sou trabayo allí foi de capataz núas canteiras en Froseira d’unde sacaban pedra prá construcción del salto. As condicióis de seguranza eran ruías y os accidentes dábanse a miudo. Él mesmo sufrira úa mancadura al cayerye derriba un martello, recordaba el sou fiyo. Axina s’implicóu na denuncia das condicióis llaborales y eso acabóu costándoye el despido a últimos de 1933. Hai constancia de que reclamóu ante el Xurao Misto da Construcción contra a empresa Gamboa y Domingo por impago d’horas estraordinarias[2]. En informes posteriores das autoridades franquistas, esplican qu’Eusebio taba afiliao á UGT y que formaba parte del Agrupación Socialista local[3]. Ángel recordaba que sou padre participara nun comité prá construcción de casas pra obreiros. De seguro que se trataba da Cooperativa de Casas Baratas Pablo Iglesias, que se promovía en todo el Estao da mao del sindicato socialista.

Al perder el trabayo, a familia marchóu vivir pra un barrio de Bual, A Pilella. Eusebio botóu mao da súa esperiencia como aserrador y amañóu úa cuadriya, formada por portugueses, pra fer travesas pral ferrocarril del Norte. Trabayaban pra Duro Felguera y andaban as carbayeiras da contornada y da Serra da Bovia, os montes máis altos del noroccidente asturiano. Dispoñía d’úa serra d’aire pra procesar nel monte as trozas de carbayo y tamén comprara úa serra portuguesa. Entrementres, a familia aumentara col nacemento nel brao de 1934 d’outra nena, María Antonia, Mari. Todo pintaba ir ben… hasta que nel brao de 1936 chegóu el golpe militar.

Condo alredor del 20 de xuyín a xente d’esquerdas de Bual empezóu a organizar a defensa da República, el Santanderino axudóu fendo guardias. El 30 de xuyín de 1936, a columna militar del comandante golpista Ceano entróu na Veiga y, despóis de teren as primeiras baxas nel enfrentamento, os máis dos voluntarios republicanos fuxiron pol interior pasando por Bual. Ese día, según a documentación franquista, el conceyal Marcelino Díaz Sánchez, Torrente, que dirixía el comité de guerra local, acompañao «de varios mineros armados de fusiles», entrara na cárcel y matara d’un tiro a Francisco Díaz Fernández, «de significación derechista»[4]. Condo el 2 d’agosto a columna de Ceano entróu en Navia y un grupo de falanxistas subiron a Bual a ferse amos del conceyo, os máis dos dirixentes republicanos xa se foran. Nesos encomedios, a situación debéu ser mui confusa entre os que quedaron: nos informes posteriores da Guardia Civil acusan a Eusebio de tentar de reorganizar el comité de guerra, anque nun dan máis detalles[5]. El última guardia fixérala en Sarandías, cousa que recordaba el sou fiyo Ángel; máis concretamente, falaba de Riufrío. El dato é chamadeiro porque nese paraxe na fronteira col conceyo de Cuaña había —einda la hai hoi, anque ta núa volta morta da carretera— úa ponte estratéxica prá comunicación rodada con Navia. Os republicanos decidiron volalla pra estorbar el avance contra el interior das tropas de Ceano. Pódese fabular pensando qu’el Santanderino, cua súa esperiencia nas canteiras, ben puido axudar nas operacióis de voladura. El caso é qu’él nun fuxíu prá zona republicana y volvéu prá súa casa na Pilella buscando esconderse. Fexo un furao tapao con trabas, pro nun chegóu a usallo. Al cabo d’us días, debéu parecerye máis seguro irse pral monte. Primeiro cerca da casa, pro despóis xa na Serra da Bovia[6].

A ponte de Riufrío na actualidá.

Naquellos meses, A Serra da Bovia deu aveiro a os que nun quixeran ou nun puideran marchar prá zona republicana. El númaro de fugaos aumentóu cos mozos da contornada que nun querían allistarse nas filas franquistas y cos que, al cayer Asturias en outubre de 1937, nun deran escapao por mar y decidiran volver pral occidente. Valíanyes covas, aveiros y cabanas amañadas de cualquera xeito. Baxaban a os caseiríos de Vilarín, El Arco, El Candal, Leirío, Brañatruiye…, os llugares máis altos da parroquia castripoleña de Balmonte, unde muitos axudaban botando úa mao (Como augua de torbón, pp. 210-215); tamén Eusebio, que xa tía conocencias del tempo qu’anduvera por allí á madera. Él era mui mañeiro y fíayes ferramentas, calzao… Tía úa cova nel monte, pro de ralo en ralo baxaba a Bual ver a familia ás escondidas. Quedaban pra encontrárense núa corte qu’había en Bual de Riba, cerca del cementerio. Petra taba sola na Pilella, cos tres nenos, sin ningún medio de subsistencia, y ademáis taba esperando outra criatura, así qu’amañaron de que subira hasta Brañatruiye pra pasar el parto en compañía del home. Marcelino de Caleyo, vecín del llugar, recordaba qu’a maestra, Herminia Arrojas, fixéraye un caldo a Petra pra que recuperara despóis del nacemento da que resultóu ser outra nena, Angélica, Geli. Pro pouco duróu a tranquilidá, porque axina chegaron al llugar os falanxes en busca del Santanderino. Ben deitaron de que lo avisaron y deu fuxido. Era un 13 de xeneiro de 1937.

Así y todo, Eusebio nun perdía a relación cua familia. Condo os vecíos d’aquellos llugares baxaban al mercao a Bual, deixaban as caballeirías na casa de Petra y trían y llevaban recaos. Tamén debéu ser un xeito de tar máis cerca del padre mandar de criada a Leirío á fiya máis veya, Julia. As condicióis nel monte eran mui duras y núa ocasión el Santanderino precisara ir prá casa al tar mui malo de catarro. Resultaba peligroso porque el control da Guardia Civil sobre a familia era constante y as delacióis chegaban axina. Úa noite presentáronse na casa, armaos de fusiles, al mando del comandante del posto, el cabo Isaac Paredes Vera. Tíanye muito medo. Tuvera lluitando nas filas sublevadas nel Uvieo asediao polos republicanos y quedara coxo núa acción de guerra[7]. Os guardias tumbaron a porta d’úa patada, mentres perguntaban a voces por Eusebio. Petra, con Geli nel collo, díxoyes qu’allí nun taba. El cabo nun anduvo con contemplacióis y tiróulas al tarrén d’un golpe. Ángel, que daquella tía us dez anos, recordaba el berro del guardia: «¡Estos hijos de rojos había que matarlos y guisarlos con patatas!». Aquellas palabras quedáronye grabadas pra sempre.

Petra volóu nun trabayo nel balneario de Prelo pra Julia, que se volvéu de Leirío, así que mandaron a Gelín a pola roupa da irmá, porque la deixara alló enriba. Seguramente eran xeitos de xustificar os viaxes al monte pra contactar col padre, sometidos como taban a vixilancia[8]. Hai que figurarse el rapacín por aquellos camíos solos, andando os treinta quilómetros que separan Bual de Leirío. El caso foi que cayera úa nevadúa y tuvera que quedar enriba tres días. Condo volvéu, tía un aviso pra que se presentara nel cuartel. Paredes taba aguardándolo con un llátigo amenazador derriba da mesa. El neno iba ben decamentao da casa sobre qué tía que dicir y, condo el cabo ye perguntóu qué trouxera nel saco que baxara da Bovia, empezóu: «Úa camisa…, bragas…, un sostén…». El cabo cortóulo: «Vale, vale, es suficiente». Nunca tanto medo pasara. Pro einda tía que pasar máis.

El control dos fugaos nel monte aumentóu cua chegada a Bual d’un tabor de regulares con soldaos norteafricanos al servicio da Columna d’Operacióis d’Asturias, dispositivo militar diseñao pra lluitar contra a resistencia antifranquista. A Petra véraye recao d’Eusebio de qu’iba baxar, así que mandóu al neno avisar al padre de qu’era miyor que quedara enriba. Llevaba úa nota nun papelín, con instruccióis claras de tragallo se lo coyían pol camín. Nel monte metéuse el cerzo y cuase nun vía gota. Al altura da carbayeira del Santín, encontróuse con un home de Penouta. Papóu a nota sin pensallo dúas veces. «Á neno, ¿pois únde vas, ho?». «Non, vou aquí a… á Ronda a un recao». «Pois ten cuidao, nun te perdas». El neno piyóu a desviadeira prá Ronda, pro, desque pasóu a carbayeira, deu a volta y volvéu pral camín. Sentíu pasos, pro non d’home. Víulos entre el cerzo: dous llobos. El corazón salíaseye del corpo. Seguíu a bon ritmo hasta que chegóu á Grandela. Xa los perdera de vista y suspiróu con alivio. Al cabo, en Vilarín puido volver ver al padre.

Alredor d’ún dos fugaos nel monte, Antonio Ferreira, conocido como el Portugués, amañóuse úa cuadriya qu’asaltóu dalgús caseiríos ricos da contornada[9]. Núa declaración d’ún dos compoñentes da partida que prenderan, cítase al Santanderino como participante nun golpe en Valle, na parroquia de Ponticella (Villayón), el 7 de marzo de 1939, unde, ademáis de Ferreira, tamén tuveran Boutista Doval, Ramirón de Lago y Francisco Cotarelo, el Florisco. El plan era asaltar a casa d’un tratante de xamóis conocido como el Cabo, pro a cousa torcéuse al comprobar que cuase nun tía cuartos allí, así que tuveran qu’andar todas as casas del llugar pra xuntar un daqué[10]. Dalgús compoñentes da cuadriya del Portugués foron cayendo presos y entróu nella ún novo, Juan Barros, el Ferrolano. Un intento de llevar úa caballeiría da casa del Zarrume, en Cova (Bual), el 7 d’agosto de 1939, acabara mal pra Ferreira, que despóis de dispararye núa perna al amo da casa, Julio Pérez, recibira un tiro del fiyo, José. El outro que participara, según averiguacióis da Guardia Civil, polas descripcióis y fala casteyana pintaba ser Eusebio[11]. Tanto Petra como Natividad Fernández García, muyer del Portugués, foron interrogadas en Bual al outro día. Petra respondéu que namáis vira al home úa vez en setembre del ano anterior, condo subira a Brañatruiye, unde él andaba á madera prá empresa Ripoll da Veiga. Natividad declaróu que nun vira a Ferreira dende que marchara de Bual en 1936[12].

Ún dos xeitos de forzar a os homes del monte a entregárense, ademáis das batidas y a propaganda pra convencellos de que nun yes iba pasar miga se se presentaban, foi prendendo a os familiares. Eso fixeron con Petra naquel ano de 1939 y el sito pra tella foi a igresia de Bual. Xa de veyo, en dalgúa visita á villa, Ángel señalábaye á súa familia a ventá unde s’emporondaba pra ver dentro a súa madre con Geli nel collo, qu’einda era pequena y llevárala con ella. Según Ángel, con Petra taban presas tamén a muyer del Portugués y úa moza cua qu’él tía relacióis y que taba esperando un fiyo. Al parecer, Ferreira, escondido nel Arco, mandárala a Bual buscar melecías pras súas feridas y detuvéranla[13]. A situación complicóuse pra os da partida sobre qué fer, con discusióis internas y tensióis. El resultao foi a morte de Ferreira, según se cuntóu despóis, a maos del Ferrolano y de Ramirón un 22 d’agosto, cerca del Arco[14].

A Petra mandáronla presa prá Veiga, unde, según recorda Ángel, tuvera oito días. El 10 d’outubre, Eusebio foi alló y presentóuse na Oficina Central d’Información da 4.ª circunscripción militar da Columna d’Operacióis d’Asturias. Na razón da presentación dixo que fora por causa da detención da muyer. Aquel mesmo día declaróu delantre del tenente que taba al cargo da Oficina Central, Isidoro Iglesias Rodríguez. Tría ben preparao el qu’iba cuntar: que tuvera trabayando ou pedindo en casas da Serra da Bovia —Brañatruiye, El Candal, Vilarín, El Arco, Leirío, Riodopil y outros llugares da contornada— con nome falso féndose pasar por portugués, que nun tuvera na casa dende agosto de 1937, que nunca anduvera cua partida de Ferreira y que namáis se xuntara un tempo con tres irmaos da Casa de Ramón del Candal, tamén escondidos[15]. Sobre a súa actividá pral comité de guerra de Bual, reconocéu que fixera guardias con armas, pro tamén esplicóu que, por acio d’él, el comité soltara a un vecín conocido como don Pedro da Carretera y que, desque marcharon os dirixentes republicanos de Bual, col llibro rexistro de vales de requisas volvérayes a os tendeiros as súas mercancías. Das súas andanzas cuntóu qu’últimamente tuvera trabayando en Leirío, nas casas de Louguisón y El Pito, y qu’el 9 d’outubre chegáraye recao d’un amigo, Miguel Sánchez, de que lo fora ver axina a San Cristobo. Chegóu alló de noite y este cuntóuye qu’a muyer taba presa y qu’era miyor que s’entregara pra que la soltaran. Y así fexo. Al cabo, por un sobrín d’Eusebio que casualmente taba fendo el servicio na Veiga, puideron tar úas horas xuntos él y Petra. Nun sabían que nunca máis s’iban volver ver.

Entrementres, os fiyos quedaran solos en Bual, sin ningúa axuda. Xa primeiro as dificultades económicas llevaran a Petra a buscar na Pilella un sito pra vivir de renta máis baxa, a del Galdrayo, úa casa que fora grande, pro que tía úa parte esbarrumbada. «Houbo un momento en que cayías morto y nun che botaba a mao naide», recordaba Ángel, que daquella tía doce anos. Antias d’ir presa, deixara a madre na cocía úa potada de garbanzos da terra. Julia discurríu d’ir botándoye augua cada día pra que yes rendera, pro tuveran oito días desesperaos, sin miga que comer, así qu’Ángel foi pedir á casa del boticario Villamil. A muyer deuye media manteiga y úa llibra de chicolate.

Al cabo, a madre volvéu pra Bual, anque a cousa seguía tando amolada pra salir alantre. Julia servía en casas y Petra trabayaba condo podía al xornal en caseiríos da contornada, qu’ella en Pembes fora de familia llabradora, pro os ingresos eran poucos. Da merenda que ye daban á madre, guardaba el pan pra lleváryelo a os fiyos. Tamén llavaba roupa pra os soldaos destacaos en Bual. Os nenos iban a poñerse na fileira nel matadeiro, como muita outra xente probe y defamada, pra que yes deran sangre, y iban fritindo con sebo tayadas d’aquel sangre cuayao. Tuveron que vender a un vecín del Meisnao (El Franco) as serras d’Eusebio y úa brosa ben guapa de dúas bocas. El comprador deuye un señal col compromiso d’ir pagándoyo condo fora ganando, pro nunca chegóu a volverye toda a cantidá comprometida.

Julia y el irmao tamén iban pedir polas portas. Fían muitos quilómetros pra volver con dalgún pedazo de pan y dalgúas espigas de meiz. Pasaban andando el alto de Penouta y chegaban hasta el conceyo del Franco. Sempre s’acordaban del día que chegaran hasta As Barrosas, en Arancedo, á casa de Carbayín, sito unde paraban ás veces dalgús fugaos porque d’allí era outro qu’andaba cos del Portugués, Marcelino García, que fora conceyal del última corporación del Frente Popular del Franco. A os nenos déranyes un pratao de caldo con cadasóu chourizo. Nun lo podían crer. Y hasta yes mandaran outro chourizo prá madre, pra que fixera ella caldo. De volta pra Bual, Gelín xa iba cansao y negábase a dar un paso máis. Julia nun sabía cómo fer pra qu’anduvera, así que ye ofrecéu darye úa chupadía al chourizo. Y así chegaron á casa, fendo pousa a cada bocadín pra que lo chupara, pro sin mordello, que tía valirye a Petra pra darye algo de sustancia al caldo.

A Eusebio mandáronlo axina pral campo de concentración da Vidriera (Avilés), unde a Comisión Clasificadora de Prisioneiros y Presentaos lo propuxo pra xuicio sumarísimo polos sous antecedentes sindicales y políticos. Empezóu entoncias a instrucción al cargo del xuez militar León Aliaga Esparza, capitán d’Artilleiría, cos informes de rigor da Guardia Civil y da Falanxe, y as declaracióis de testigos vecíos de Bual. Tamén Petra tuvo que pasar pol xuzgao municipal, el 8 de xeneiro de 1940, a ratificarse nel que xa declarara en agosto del ano anterior. Nel informe del cabo Paredes sobre el actuación d’Eusebio, cita a requisa d’úas alparagatas na tenda de Jesús Fernández y qu’al volver con un grupo «de los rojos» d’enterrar nel cementerio al preso asesinao, noutra tenda fixeran comentarios amenazadores contra a xente de deretas. El tendeiro que presenciara os comentarios, Arturo Celaya, confírmalo, anque d’outras cuestióis da súa actividá política sábelo todo d’ouguidas, igual qu’outros dous industriales, Bernardo Pérez y Indalecio Fernández, y un guardia civil retirao, Francisco Ferreira, que testifican qu’aquellos días fixera guardias na caye[16]. As frases «oyó decir», «por oídas», «aunque no lo presenció» repítense a miudo en todas as declaracióis.

El 9 de marzo, el xuez remata a instrucción y manda el caso pral Conseyo de Guerra Permanente d’Asturias. A Eusebio llévanlo el 2 d’abril prá cárcel d’Uvieo, unde, al mes, comunícanye qu’el xuicio vai ser en dous días: el 4 de mayo, ás dez y media da mañá. Entre a llista de militares que ye dan pra defendello, escoye al alférez honorario Isidoro Cortina Carriles. El fiscal militar, Luis Olay Cabal, califica el delito d’adhesión á rebelión y pide reclusión perpetua, mentres qu’el defensor pide a pena mínima. Al cabo, na sentencia dicen que nun se puido comprobar a súa participación nos atracos y que se presentóu, así qu’el tribunal militar condénalo a quince anos de prisión[17]. A pena comunícase al Tribunal de Responsabilidades Políticas y apróbala máis tarde el Auditor de Guerra. A Eusebio comunícanya na cárcel el día 18. Na liquidación de condena pon que ye quedan 14 anos, cuatro meses y 17 días. De seguro que tuvo que pensar cónto faltaba pra que chegara 1954 y puidera volver cua familia.

A condena nun era namáis pra él, senón que tamén afectóu a Petra y os fiyos. El Auxilio Social foi un alivio pra Mari y Geli, y tamén pra Gelín mentres nun fexo os 14 anos. Estos comedores de baldre taban baxo el control da Falanxe y dábanse muitos casos de desvío d’aquellos alimentos que tían qu’ir pra os nenos. El rapacín comprobóulo. Como era el máis grandín del comedor, mandábanlo todos os días llevar as sobras pra os cochos á Casa del Rosito, d’unde era a responsable da Falanxe feminina en Bual, conocida como a Señorita Nena. Un día, a Gelín deuye por erguer as parazas de pataca que tapaban a caldada na lata y pasmóu: había úa foya de toucín de dous didos de gorda. Sacóula con disimulo y metéula entre os artos. Deixóu a lata nel destino y volvéu correndo prá casa despóis de pañar el toucín. Condo lo víu a madre, entróuye medo por se s’enteraban. Ángel aseguróuye que nun lo vira naide. Pro condo el suministro nun chegóu a unde tía que chegar, tuveron claro quén fora el culpable: castigaron al neno oito días sin comer nel Auxilio Social. Así y todo, con un pouco de sangre y aquel toucín tuveron na casa pra tirar úa semana.

Os poucos cuartos que ganaban seguían sin ser abondos, así que condo ye ofreceron a Petra trabayo pr’Ángel en Nadóu (Cuaña), pr’alló lo mandóu. Tuvo cuase dous anos núa casa allindando nas cabras y nas oveyas. Durmía derriba del corteyo unde las guardaban. Recordaba as noites chorando chamando a súa madre. «Mamá, mamá», repetía mentres enxugaba as llágrimas. Tamén s’acordaba da fame. Os amos da casa cocían na llareira a caldada pra os cochos con nabos y patacas encetadas, y úa noite, mentres apigarzaban, el neno coyéu da pota un nabo. Animóuse: tamén erguéu a cobertoira da cazola del unto qu’usaban pra fritir y coméu un pouco. Avezóuse a repetir a operación máis días, pro el ama acabóu notando cómo menguaba el unto y tuvo velando hasta que lo piyóu. Al probe Gelín déronye úa torena de palos.

En conto a Eusebio, a súa peripecia pódese seguir nel espediente carcelario, unde figura como profesión a de «barrenista a maza de canteras y trincheras»[18]. As súas habilidades profesionales eran mui al xeito pr’acoyerse al programa de redención de penas pol trabayo qu’el réxime franquista discurríu pra sacar proveto económico á inmensa población reclusa que tía nas cárceles. Pagándoyes xornales de miseria, en condicióis durísimas y con úa alimentación deficiente, el negocio del trabayo escravo era redondo. El 2 de mayo de 1941, por orde da Dirección Xeneral de Prisióis, a Guardia Civil llévalo prá cárcel provincial de Zamora y d’allí, el 16 de mayo, vai pral destacamento penitenciario de Santa Bárbara, nel poblao que se contruíra en Requeixu, na veira sur da Portela del Padornelo, na comarca de Seabra. Allí trabayóu na construcción dos túneles pral ferrocarril de Zamora a Ourense. Foi el primeiro destacamento penal constituído prá construcción d’un obra pública impulsada por réxime franquista (Olaizola Elordi, 2006).

El 30 de setembre d’aquel mesmo ano, a Dirección Xeneral de Prisióis decide el traslao d’Eusebio ás minas d’Almadén (Ciudad Real). El 8 d’outubre, a Guardia civil llévalo prá prisión d’Astorga y el 14 de novembre sácanlo outra vez pra viaxar hasta Almadén. Empezóu a trabayar nas minas el día 21 como obreiro da Brigada Penitenciaria de Redención de Penas. Menos d’un ano despóis, el 31 d’agosto de 1942, sufríu un accidente. Mentres taba llimpando el pozo ausiliar nel piso 14 del pozo de San Teodoro, piyóulo a xaula. Lleváronlo al dispensario d’urxencia das minas, pro as lesióis foron tan graves que morréu al outro día, 1 de setembre, ás cinco da mañá. Ta enterrao nel cementerio d’Almadén[19].

A Petra chegóuye úa carta y pouco despóis un atao cuas poucas pertenencias del home. Pro el Estao franquista nun deu por zarrada a persecución. A maquinaria burocrática da represión nun paróu: einda ye incoaron un espediente de responsabilidades políticas en 1943[20]. Foi el ano en qu’al cabo Petra rexistróu a Angélica, que taba sin asentar dende que nacera porque, según cuntan na familia, quería aguardar a que tuvera xa el padre na casa.

Petra cuas súas fiyas Geli y Mari.

Ángel acabóu baxando pra os conceyos da marina a ofrecerse de criao nas casas de llabranza. Toda a rapazada da Pilella baxóu daquella a ganar el pan. Él chegóu andando hasta Xarrio y perguntando y perguntando acabóu en Lloza (Cuaña), unde trabayóu en dúas casas us anos. Tamén Julia acabóu servindo núa casa del llugar. En 1945, Ángel atopóu outro trabayo en Ca Pachón, en Andés (Navia). Allí casóu y tuvo sete fiyos. En conto a Petra, tuvo de cocieira pra os oficiales condo empezaron as obras del Salto de Grandas, en 1946. Xuntóu us cuartos y con aquello pouco volvéuse pra Pembes cuas nenas. Tampouco nun foi un camín de rosas. Allí tamén la señalaban.

BIBLIOGRAFÍA CITADA

BOPO = Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo

CX = Causa Xeneral (Causa general instruida por el Ministerio Fiscal sobre la dominación roja en España. Causa General de la Provincia de Oviedo)

García Piñeiro, Ramón (2015): Luchadores del ocaso. Represión, guerrilla y violencia política en la Asturias de posguerra (1937-1952), KRK, Uvieo.

García Piñeiro, Ramón (2017): Atlas-Guía de la represión, la guerrilla y la violencia política en Asturias (1937-1958), KRK, Uvieo.

Olaizola Elordi, Juanjo (2006): «Trabajo forzado y ferrocarril. Destacamentos Penales y construcción de infraestructuras ferroviarias», IV Congreso de Historia Ferroviaria. Málaga, 20, 21 y 22 de septiembre de 2006.


[1] Falo d’Eusebio nel llibro (Como augua de torbón, pp. 212, 418) a partir de datos orales de Marcelino González, de Caleyo, y datos documentales de Ramón García Piñeiro (2015, 2017). Daquella nun conocía á familia del Santanderino nin qué fora d’él despóis d’entregarse ás autoridades. Gracias al blog, puiden falar con ún dos fiyos, Ángel, que me cuntóu os sous recordos de rapacín. Teño qu’estimar el axuda a Óscar Cuesta Sierra y Miguel Barreda Cuesta, netos d’Eusebio. Tamén debo obrigación al Asociación prá Recuperación da Memoria Histórica, que m’apurríu copias del sou espediente penal y da causa sumarísima que ye abriron (237/40).

[2] Avance, 21-12-1933.

[3] En 1939, a Guardia Civil de Bual diz d’él que «siempre hizo mucha propaganda» pol PSOE, que formaba parte da UGT, «cuya ideología defendía con pasión», y que lo despediran del salto «por el estado permanente de rebeldía en que se hallaba colocado y lo perniciosa que resultaba su permanencia y contacto con el resto de trabajadores» (Causa 237/40).

[4] CX, 1.342, 1: 111.

[5] El secretario municipal, Francisco Argiz, esplica qu’el comité funcionaba informalmente y que nos últimos días, respondendo ás instruccióis dadas pol Comité Provincial, tentaran de constituíllo formalmente sin ningún resultao (Causa 954/36). Quizáis seña a este momento al que se ta referindo el informe da Guardia Civil.

[6] Naquellos primeiros días de control dos sublevaos, sacaron da cárcel de Bual a Francisco Bousoño Fernández, qu’era da Pilella, y matáronlo en Riufrío. Outro vecín da Pilella, José Castro Gayoso, anduvo escondido úas semanas polos alredores da casa hasta que lo piyaron el 8 de setembre y lo asesinaron. Nun sería raro qu’anduveran xuntos él y Eusebio.

[7] Cítanlo como delegao d’orde público de Bual asistindo á toma de posesión da corporación municipal nova (La Voz de Asturias, 26-6-1938).

[8] Nun informe de 1939 del cabo Paredes compróbase cónto sabían das súas andanzas: que visitaba a miudo a familia, pro que paraba pouco porque eran mui probes y nun ye podían valir muito, que tía un amigo cerca de Bual que ye daba axuda y lo acoyía na súa casa, y qu’unde máis paraba porriba era na Casa del Rabexo, nel Arco (Causa 237/40). Por testimonios orales, sabemos que nel destacamento qu’a Columna d’Operacióis tía na parroquia de Balmonte daban a miudo torenas a José González, Rabexo, y a outros vecíos del Arco, pra feryes falar (Como augua de torbón, p. 214).

[9] Falo nel llibro (Como augua de torbón, pp. 210-213) das andanzas d’esta partida con datos orales de Marcelino de Caleyo, datos documentales de Ramón García Piñeiro (2015, 2017) y informacióis da causa 1.872/40, aberta a dalgús dos sous compoñentes. Ángel recordaba qu’a familia del Portugués vivía tamén na Pilella y que tían un neno, úa nena y dúas xemelgas. Na causa 237/40, pola declaración da muyer de Ferreira y un informe da Guardia Civil, compróbase que fora dos que marcharan prá zona republicana. Hasta chegara a mandar núa posición del Exército na ponte de Samartín de Llodón (Miranda). Debéu volver pral occidente condo cayéu Asturias en outubre de 1937. Sería entoncias condo s’escondería nel monte y empezaría a amañar úa cuadriya que, según os casos denunciaos, deu os primeiros golpes económicos a últimos de 1938.

[10] Causa 1.872/40.

[11] Diz José Pérez na declaración qu’era da cara mui branca, del bigote recortao y que «hablaba como en la parte de oriente de la provincia» (Causa 237/40).

[12] El cabo Paredes, nel atestao, propón que las desterren ás dúas a os sous sitos de nacemento, Pembes y Rozadas (Bual), y que las castiguen pol axuda que dan a os homes y os «beneficios que reciben por los robos en metálico» (Causa 237/40).

[13] José Pérez, el fiyo del amo del caseirío, declaróu que yes tirara un tiro, anque nun se fala de que naide dos asaltantes resultara mancao. Foi Marcelino de Caleyo quen me cuntóu a historia del tiro que recibira Ferreira y a captura da moza. Núa declaración, un guardia civil retirao vecín de Bual esplica que sabía «de oídas que una mujer que se decía querida de Ferreira preguntaba si había muerto Julio de Coba, mujer que posteriormente fue detenida y estuvo en la cárcel de esta villa por espacio de algún tiempo» (Causa 237/40). García Piñeiro (2015: 26), a partir de datos d’outras causas, afirma que la torturaran. A versión de Marcelino de Caleyo, que nun é incompatible, é qu’a moza taba en estao, que tuvera el fiyo en Bual mentres taba na cárcel y que xente rica da villa axudáraye despóis.

[14] Ángel esplicóume que Ferreira quería ir rescatar pola forza á súa moza y qu’os outros opuxéranse pol peligro que supoñía. García Piñeiro (2015: 27), ademáis de barruntar qu’habería amarregas pol liderato nel grupo, esplica qu’houbera úa discusión entre el Ferrolano y el Portugués al acusallo éste de delatar a moza. Marcelino de Caleyo, irmao d’ún dos da partida y que de neno escuitara historias na llareira de muitos dos fugaos, entre ellos el Ferrolano, buscaba as razóis na incomodidá que supoñía pra os compoñentes locales, obrigaos por Ferreira, ter qu’asaltar casas de contornada.

[15] Precisamente aquel mesmo día, anque en Castripol, tamén ellos se presentaran ante as autoridades, según figura núa llista de fugaos presentaos ou capturaos pola Columna d’Operacióis d’Asturias: Salvador, Constante y Manuel González Fernández.

[16] Celaya esplica qu’úa cuadriya de «guardias rojos» coméraye un xamón y bebéraye viño mentres, al cortar as tayadas, dicían qu’iban fer igual cua xente das deretas. Esta clas de fanfarronadas feitas nel ambiente bélico d’aquellos días cítanse a miudo en muitas das declaracióis dos testigos pra cargar as tintas contra os acusaos. Os amos dos comercios eran testigos habituales nos sumarios contra os milicianos qu’axudaran nos comités porque eran os que s’encargaban das requisas. Estas fíanse normalmente con us vales firmaos por responsables del comité, qu’anotaban os productos cua idea de qu’en conto a situación calmara a República iba compensaryes os gastos.

[17] Presidía el tribunal el comandante de caballeiría Rogelio Puig Giménez y como vocales actuaban os capitáis José Gestal Laguna, Maximino Ardanaz Ramírez y Eduardo Rodríguez Pérez. Como vocal ponente taba el capitán Carlos Botas García Barbón.

[18] Espediente penal. Fondo de Prisióis. Archivo Histórico Provincial de Lión.

[19] Según el rexistro, enterráronlo na sepultura 354 del 2.º patio d’adultos, fila 2.ª, con un llargo de 2,10, ancho de 0,75 y fondura de 1,30.

[20] BOPO, 31-5-1943.

4 comentarios en “Eusebio Cuesta Gutiérrez, «el Santanderino»

    1. Alonso Diaz

      La Memoria Democrática persigue muchas conciencia, por eso los herederos del franquismo están contra ella. Honor al SEÑOR, Eusebio Cuesta abuelo de dos amigos mío.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s