
Emilio López, col traxe de faena del Exército.
El inventario sistemático del exilio asturiano, cua biografía de cada ún dos homes y muyeres que tuveron que deixar Asturias, ta por fer. Dos nacidos nel estremo noroccidental, en Como augua de torbón recoyo non máis de medio centenar de casos, pro de seguro qu’a cifra é máis grande. A proba é Emilio López Díaz, un militar republicano bualés qu’en 1939 embarcóu dende Francia camín de México y del que nun sabía miga hasta hai pouco, condo llin el llibro Los olvidados de 1937. El exilio republicano asturiano[1].
Juan Emilio López Díaz –qu’ese era el sou nome de pila nel Rexistro, anque despóis el «Juan» acabóu desaparecendo na súa documentación– nacéu na villa de Bual el 28 de mayo de 1913. A familia tuvo marcada pola emigración, como búa parte da mocedá del conceyo. Sou padre, Julián López Sierra, tuvera casao y enviudara, y d’ese matrimonio naceran dous fiyos, José y Rosario. Casóuse úa segunda vez y tuvo tres fiyas: Josefa, Pilar y Mercedes. Condo súa muyer Aurora taba en estao d’Emilio, Julián emigróu pral Arxentina, unde tuvo dez anos de mayordomo. El neno nun conocéu al padre hasta qu’éste volvéu pra Bual.
Pro el ciclo emigratorio seguíu na familia: a os 15 anos, Emilio emigróu a Cuba, unde s’establecera José, el sou medio irmao. Nel porto del Habana abrira un negocio que se chamaba Two Brothers Bar (el chigre dos dous irmaos). El rapaz tuvo trabayando duro, namáis pola mantención, con xornadas d’hasta catorce horas, sempre de pé, atendendo na barra. En realidá, a idea d’él era poder estudiar, conque un día díxoye al irmao cuál era a súa intención, porque nel Centro Asturiano había a posibilidá de prepararse, pro José nun atendéu a razóis. Condo iba fer os 19 anos, Emilio cansóu d’aquella vida y falóu con ún dos socios pra que ye pagaran todo el que trabayara hasta entoncias. A pesar del enfado del irmao, volvéuse con aquellos cuartos pra Bual en xunio de 1932.
De volta en España, Emilio presentóuse a fer el servicio militar. Tocóuye nel Parque d’Automovilismo en Madrid y allí puido atopar el que nun puidera fer en Cuba: úa formación profesional como mecánico. Recordaba cómo úa das probas que tían que superar era amañar un motor que yes daban desmontao peza a peza. Y él gozaba con todo aquello. Tamén sacóu el carné de conducir, qu’a de xofer dos oficiales era úa das ocupacióis del personal militar adscrito al Parque. Hasta dalgúa vez ye tocóu levar a Franco.
Despóis del golpe militar, Emilio seguíu cuas súas obrigacióis nel Parque y acabóu como xofer nada menos que del xeneral José Miaja, tamén asturiano y úa das personas con máis peso nel Estao Mayor da República. Quizáis foi entoncias condo empezóu a súa implicación col Partido Comunista. Nun ye tocóu pasar por situacióis peligrosas y hasta tuvo os sous amoríos con úa modista en Madrid. El caso foi qu’acabóu en Cataluña nel última fase da guerra. El 26 de xeneiro de 1939 cayía Barcelona y el 4 de febreiro, Girona.

Úa imaxe d’Emilio nos tempos da guerra. El militar da dereta de todo leva na gorra el distintivo de comisario político.
Entre os sous papeles, Emilio conservaba un folio gastao pol paso del tempo, medio roto polas dobreces: é un pasaporte provisional firmao pol director xeneral de Seguridá en Figueres el día 4 de febreiro de 1939 pra poder pasar a Francia. Nél, hai anotacióis das autoridades francesas locales con prórrogas del permiso. A primeira nota é del día 9, condo cruzóu a fronteira pol paso de Le Perthus. Como muitos outros miles de republicanos, tamén ye tocóu pasar pol campo de concentración da praya d’Argelès-sur-Mer. Recordaba cómo taban chíos de pulgas y pioyos y cómo, a pesar del frío del inverno, a xente metíase nel mar pra tentar d’aliviar os picores. Nun debéu tar máis qu’us poucos días porque cansóu d’aquella situación y amañóu d’escapar d’allí con un compañeiro. Eran novos y cuntaban as súas andanzas con muito humor. Nun momento da súa peripecia por terras de Francia, atoparan úa carteira nel tarrén y tuveran xugando al fútbol con ella hasta que se precataron de que tía cuartos y úa carta de recomendación pral portador. Fora como se yes tocara a lloteiría, porque con aquello puideron defenderse us días. Chegaron á veira atlántica, hasta as terras del norte, quizáis buscando xa os puntos habituales de salida pr’América. Nel folio del pasaporte d’Emilio hai anotacióis del 13 y del 15 de febreiro nas comisarías de Saint Nazaire y de Nantes, respectivamente. El día 20, el cónsul d’España en Burdeos concédeye un pasaporte. Pouco menos de dous meses despóis, el 14 d’abril, xa ten un laissez passer provisional das autoridades francesas como refuxao entrementres nun embarca. Nel documento diz que ta vivindo en Burdeos y hai hasta tres direccióis seguidas apuntadas nél, entre ellas un hotel.
Nun sabemos cómo chegóu a ser escoyido pol Servicio d’Emigración pra Refuxaos Españoles pra formar parte d’ún dos barcos con destino al exilio en México. A súa afiliación á UGT y al Partido Comunista, ademáis da súa formación como mecánico, deberon valirye. De seguro qu’a súa amistá col xeneral Miaja, que xa taba en Francia dende el mes de marzo cua súa familia, tuvo que valirye d’axuda. Escribira tamén a sou irmao José en Cuba pra que ye mandara cuartos y quizáis d’ese xeito indirecto puido enterarse de que sou padre morrera en Bual d’un infarto.
Al cabo, el 13 de xuyín, a bordo del vapor Mexique, salíu del porto de Pauillac (Gironde) con outros máis de dous mil españoles. Na llista de pasaxeiros, Emilio figura como capitán del Estao Mayor[2]. El barco chegóu a Veracruz el día 27. Cuntaba aquella xornada como un día d’alegría, con úa acoyida espectacular por parte da xente y das autoridades mexicanas. El Goberno de Lázaro Cárdenas dérayes a os refuxaos 50 centavos diarios al llargo de tres meses como axuda pra empezar. Núa parte da colonia asturiana en México, a máis conservadora, había prevención contra os republicanos qu’acababan de chegar. Amañábanse festas pra recaudar fondos pra os refuxaos y pras publicacióis del PCE, y axina as relacióis personales entre a xente máis nova acabóu achanando as cousas.

Emilio cos sous compañeiros de partido anunciando un baile pra recaudar fondos prá revista del PCE «España Popular». El primeiro á esquerda é Antonio Camacho, secretario d’organización.
Emilio foi vivir á Ciudá de México y fexo de todo: vendéu enciclopedias y trabayóu núa fábrica de vidro, hasta que conocéu á qu’iba ser a súa muyer, Gloria, qu’era mexicana. A parexa foi prá Veracruz, unde abríu un negocio de maquinaria. Chamóuye Comercial Navia. Pensóu en poñerye Comercial Boal, pro nun ye acababa de convencer a rima. Pra un porto de mar como Veracruz, Navia suábaye miyor: recordaba a naval, a naviera… A él, precisamente, conocíanlo como el señor Navia. Tía un empreao prá tenda y Emilio fía de mecánico instalador se, por exemplo, había que montar úa bomba d’augua.

Emilio atendendo en Comercial Navia.

A fachada de Comercial Navia.
En 1948 tuveron úa fiya á que chamaron igual qu’a madre. Entrementres, seguíu a súa militancia nel PCE y a súa implicación col partido. Todo eran reunióis, asambleas, cursos de formación, actividades… y Gloria queixábase del muito qu’esplotaban a Emilio. Así y todo, tamén había vagar pra festas en prayas como a de Mocambo, unde amañaban paellas a os domingos con outros exiliaos asturianos y compañeiros de partido como Santiago Carrillo, con quen llevaba amistá. Mantuvo contacto tamén con Miaja, a quen seguía visitando de ralo en ralo.

Emilio núa manifestación nos tempos da Segunda Guerra Mundial en contra del agresión «nazi-fascista».

Santiago Carrillo con Emilio y outros compañeiros de partido. Condo enseñaba esta foto, cuntaba que taban cantando «A Internacional», pro, se era esa, seguro que nun precisarían seguir a lletra nun papel.
Al cabo, el matrimonio acabóu xebrándose y Emilio foise prá Ciudá de México cua fiya. Allí abríu outro negocio, anque d’esta volta cos sous apellidos: Casa López Díaz. Emilio sentíase solo, pro decidira nun volver casarse. Chamóu á súa irmá Pilar pra que ye axudara cua nena, pro nun aceptóu. Propúxoyo entoncias á súa irmá Mercedes, que desa vivía nel País Vasco col sou home, a quen conocera en Bual condo chegara a trabayar nel salto de Doiras. Esta ofrecéuye que mandara a Gloria con ellos hasta qu’Emilio puidera volver a España. Pro Emilio inda nun s’atrevía a dar ese paso y al cabo acabaron aceptando a proposta del irmao y mudáronse a México.

Emilio mirando cua súa fiya a revista cultural «La Nueva Polonia», vinculada al PCE en México.
A últimos dos anos 50, empezóu a dudar sobre a súa militancia nel PCE. Nun curso de formación, un teórico veu falaryes de guerras xustas y guerras inxustas, y él dixo que pra él todas as guerras eran inxustas. Criticóu el estalinismo y el culto al líder y marchóu enfadao. El secretario d’organización, Antonio Pacheco, qu’era compadre d’él, díxoye qu’escribira úa carta de disculpa, que se non iban botallo del partido. Él negóuse y deixóu de pagar a cota. Al cabo de dous meses chegaron á súa casa dous homes a pedirye que volvese. Díxoyes que non y que por favor nun volvesen máis. Sempre recordaba arguyoso que nun chegaran a espulsallo del PCE, que marchara él. Que nun s’atreveran porque él sabía demasiadas cousas del partido.
Quixo entoncias esplorar a posibilidá de volverse pra España y pedíu autorización ás autoridades franquistas. Nun taba imputao de ningún delito y foi dos primeiros exiliaos en volver. Tía úa señardá por Bual tremenda. Empezaron indo de vacacióis él y Gloria nel brao de 1960 y volveron en 1963. Al cabo, liquidóu as cousas en México y compróu un piso en Uvieo. Desa, Gloria tía 21 anos, pro matriculóuse na Universidá y allí acabóu trabayando como profesora. Emilio, muitos anos despóis, víu cómo ye reconocían el sou pasao como militar da República y puido cobrar úa axudía del Estao. Morréu con 82 anos el 8 de setembre de 1995.
BIBLIOGRAFÍA
Prieto Fernández del Viso, José Manuel (2024): «Los exiliados en América: llegada y acogida», en A. Muñoz Sánchez & R. García Piñeiro (coords.), Los olvidados de 1937. El exilio republicano asturiano, Uvieo, Trabe: 211-240.
[1] Nun artículo d’esta obra colectiva firmao por José Manuel Prieto Fernández del Viso sobre el exilio asturiano en América (2024), cítase el caso d’Emilio López. Antonio Muñoz, ún dos coordinadores del llibro, púxome en contacto col autor, quen con toda a gracia facilitóume el contacto cua fiya d’Emilio, Gloria López Téllez, a quen ye debo os datos biográficos y el material fotográfico familiar. Vaya pra todos ellos el reconocemento da mía obrigación.
[2] El último dato publicao na documentación republicana é el da súa confirmación como sarxento d’Infanteiría col antigüidá de 27 de xeneiro de 1937 (Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 14-12-1938).