
Detalle da ficha d’afiliación de Manolo Cerdeira al Agrupación de Socialistas Asturianos en Barcelona (1938).
El apellido gallego Cerdeira enreizóu en Ortigueira (Cuaña) despóis de qu’un canteiro d’Ourense, Severino Cerdeira Diz, chegara a aquellas terras pra trabayar na construcción. Casóu allí y tuvo fiyos, pro nun podía saber qu’el golpe militar de 1936 iba marcar pra sempre a súa familia. Tres dos fiyos sufriron directamente as consecuencias da guerra: Segundo morréu, José exilióuse y Manuel, á volta de Francia, tuvo preso[1].
Severino era nacido nel llugarín de Framia, na parroquia ourensana de Beariz. El caso foi que, buscando trabayo pol occidente asturiano, chegóu a Ortigueira. Da súa maña cua pedra dá fe el panteón dos Jardón Perissé nel cementerio de Mouguías, que foi obra da súa cuadriya. El canteiro conocéu en Ortigueira a Cecilia Fernández y casóu con ella. Deixóu el llabor da canteiría y, como muitos outros vecíos da contornada, anduvo al mar na marina mercante. Empezaron a vir os fiyos y axina los conoceron a todos, pola mor del padre, col arcuño de del Gallego: Eduviges, María Olvido, Lola, Cecilia, Manolo, José, Segundo…
Os homes da familia, como era avezo daquella, xa dende ben pequenos empezaron a ir al mar. Manolo, que nacera el 30 d’abril de 1905, foi el primeiro. Con 23 anos, sacóu en Xixón el título de maquinista habilitao[2]. Era común en Ortigueira que muitos marineiros da pesca pasaran despóis prá marina mercante y así fexo él. Casóu con Madalena Carrera Fernández, vecía tamén da villa pixota, y en 1936 tían xa tres fiyos: Amable, Valeriano y Manolín.
Condo foi el golpe militar, Madalena taba embarazada y el home taba por fóra navegando. A zona occidental axina cayéu en poder das forzas golpistas y Manolo quedóu en Xixón, xebrao da muyer y os fiyos, anque ye botaron úa mao irmás de Madalena que vivían allí. Sou irmao José, qu’era cinco anos máis novo que Manolo, tamén era vecín de Xixón, na caye Numa Guilhou, unde vivía cua muyer y un fiyo.
Tanto Manolo como José taban implicaos políticamente: el primeiro taba afiliao á UGT dende 1931 y al PSOE dende 1933, mentres qu’el outro militaba nas mocedades llibertarias y nel sindicato metalúrxico da CNT[3]. Poucos meses puideron tar en contacto porque José axina s’allistóu nel Exército da República: en marzo taba lluitando nel Batallón Onofre[4] y seguíu nél mentres duróu el frente asturiano, anque despóis chamóuse d’Infanteiría n.º 207[5].
Nun sabemos se daquella a familia chegóu a saber qué fora de Segundo, el irmao pequeno, nacido el 4 de setembre de 1915. Era tamén marineiro y chamáranlo pral reemprazo de 1935[6]. Taba na base naval de Ferrol condo en 1936 lo destinaron al Ministerio da Marina en Madrid[7]. Formaba parte da dotación del Colegio de Huérfanos de la Armada[8], institución asentada nel medio de Ciudad Lineal, barrio que foi frente de guerra nel asedio á capital. Allí morréu, nun bombardeo del aviación insurrecta[9].
Pra úa familia que tía tres homes nel llao republicano, a vida en Ortigueira foi amolada. A úa das irmás, Eduviges, rapáronla en público. Era un castigo habitual que fían os falanxistas pr’avergonzar a muyeres d’esquerdas ou que sin máis eran irmás ou mozas de xente significada que taba fóra ou escondida. Ás veces, todo vía por úa denuncia anónima de daquén que sentira un comentario crítico cos sublevaos, como pinta que pasóu con Eduviges.
Madalena pasóulo mui mal: en estao y con tres nenos, sin saber miga del home y sin un xornal pra manter a casa. Sempre recordaba úa vez que volvera chorando d’Andés col pescao na cabeza sin dar atopao quén ye vendese úas poucas de patacas pr’amañar el caldo. Pr’allixeirarye á carga familiar, decidiran mandar a fiya máis grandía, Amable, que tía nove anos, con úa tía, Ramira, que desa taba vivindo en Galicia. Entrementres, nacéu el neno que taban esperando, Néstor, en xeneiro de 1937. Madalena nun esqueicéu condo úa vecía das que denunciaban s’achegóu a vello y dixo: «¡Mira, ten cara de rojo!».
Condo en outubre de 1937 cayéu Asturias, Manolo y José deron salido en barco y chegao a Cataluña, unde seguiron implicaos na defensa da República. Manolo escapara con un vecín, Paco de Vivedro, tamén de Cuaña, y en Barcelona tuvera contacto con outros vecíos da contornada, como Juanín de Martínez, de Navia.
El 18 de xeneiro de 1938, Manolo firma en Barcelona a ficha d’afiliación al ASA, Asociación de Socialistas Asturianos. Como domicilio figura el vapor Menguay, nel muelle de Barcelona. Esplica que procede del agrupación socialista d’Avilés y aválanlo dous dirixentes d’ella, Celestino Arias y Ángel de Ávila. En conto á súa trayectoria política y sindical, indica que fora directivo da Sociedá de Maquinistas y Motoristas de Xixón-UGT y que participara en contrabando y tresporte de cargamentos d’armas, quizáis referíndose a outubre de 1934[10].
En marzo d’aquel ano, el ASA propúxolo pra formar parte dos Servicios d’Investigación Militar (SIM)[11], pro en xunio a Manolo asimiláronlo á categoría de sarxento na Xefatura Central de Tresportes del Ministerio de Facenda y Economía[12] y a os dous meses ingresóu nel Instituto de Carabineiros con ese destino[13]. Muitos marineiros da mercante que deran pasao prá zona republicana dende el frente norte acabaron encuadraos nesa xefatura, qu’amañóu úa flota pra poñer en contacto por mar os dous territorios en que quedara xebrada en abril d’aquel ano a parte fiel á República, ademáis de fer llabores de vixilancia nos portos, como sempre fixeran os carabineiros[14]. El aval de fidelidá y compromiso cua República que ye firmara en mayo José Barreiro, secretario xeneral del ASA[15], quizáis puido precisallo pra ese proceso.
En conto a José, as autoridades militares republicanas confirmáronlo en setembre de 1938 como sarxento nel corpo d’Inxenieiros con antiguidá dende febreiro del ano anterior[16]. As autoridades franquistas andaban detrás d’él por nun presentarse a filas nel Armada y dictaran úa requisitoria pra que comparecera nel Axudantía Militar de Marina de Ḷḷuarca[17].
Despóis da cayida da República, tanto Manolo como José deron chegao a Francia. De Manolo sabemos que, como outros miles y miles de republicanos, tuvo internao nel campo de concentración d’Argelès-sur-Mer. Cuntaba das condicióis terribles que sufriran allí, das alambradas, de cómo s’achegaban us a os outros pra durmir y tornar el frío, das xanzas que tían que cavar pra fer as necesidades y de qu’ás veces puxábanlos y cayían nellas.
Os dous irmaos volveron atoparse en Francia. Hai úa foto d’ellos dous, Manolo sonrindo, fincaos na rexa d’un parque. ¿Falarían de qué fer, se tentar d’exiliarse en América, se quedar en Francia encuadrándose nun batallón de trabayadores, se volver a España a pesar del peligro que supoñía? Daquén debéu aconseyar a Manolo pra que se volvera. José nun quixo, quedóu por alló pra sempre.

José y Manolo nun parque en Francia.
Naquel entoncias, a entrada a España dos republicanos que quixeran volver tía que ferse al través d’Irún, unde había un centro d’internamento y clasificación dos presos. Manolo debéu tar allí us poucos días y el 5 de mayo de 1940 internáronlo nel campo de concentración de Miranda d’Ebro[18]. Dende el sou barracón puido escribir á súa muyer. As cartas llevábayas a Guardia Civil en mao a Madalena; iban abertas, claro, porque primeiro llíanlas ellos. A muyer tía us parentes na Coruña, ben relacionaos con réxime franquista, y pedíuyes que moveran as súas influencias pra que lo soltaran. Einda pasóu cuase cuatro meses en Miranda, hasta que lo mandaron pra Ferrol el 24 d’agosto[19]. El proceso nun debéu ser mui regular porque nun se localizóu documentación ningúa del sou paso polas instalacióis militares gallegas nin figura nayundes a fecha da súa volta á casa.
Condo volvéu pra Ortigueira, Néstor, el máis pequeno, tíaye medo y choraba. Pro a familia volvía tar xunta, qu’a fiya xa volvera de Galicia, y ademáis en 1945 nacéu outra nena, Victoria. Había que fer pola vida y Manolo volvéu al mar nel vapor Conchita Suárez, col qu’anduvo todos os portos del norte. Tuvo que volver sacar úa habilitación pra trabayar na mercante porque ye quitaran el título de maquinista. Pro el recordo da represión y el exilio volvía sempre: alredor de 1960, chegóu dende Francia sou tío Miguel Fernández, Mingón, tamén maquinista da mercante y implicao nel sindicalismo socialista. Xa retirao en Le Havre, era a primeira vez qu’iba a Ortigueira dende 1936. Al pouco de tar na villa pixota, axina yes dixeron qu’a Guardia Civil de Navia iba vir buscallo y decidíu volverse. Tía tanto medo que Manolo acompañóulo nel tren hasta Irún.
Manolo del Gallego, despóis d’un tempo vivindo en Xixón cua súa fiya Victoria, morréu na súa casa en Ortigueira. Foi al outro día del Primeiro de Mayo de 1985.

Manolo, nel medio da foto, coyendo del brazo cua mau dereta al xugador sportinguista Medina en Navia el 6 de setembre de 1953, nun partido Navia-Sporting d’homenaxe al futbolista cuañés Gayol.
BIBLIOGRAFÍA Y SIGLAS USADAS
BOPO = Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo.
CDMH = Centro Documental da Memoria Histórica.
DNSD = Delegación Nacional dos Servicios Documentales.
Todoslosnombres = Base de datos de Todos los nombres de Asturias.
[1] Falo dos irmaos Cerdeira en Como augua de torbón (p. 365), pro de resultas da publicación del llibro contactéi con úa neta de Manolo, Paula, que pedíu al Centro Documental da Memoria Histórica a documentación dispoñible sobre él y que tamén me puxo en contacto con súa madre, Victoria, fiya de Manolo, cua que puiden ampliar datos sobre el caso. A toda a familia teño qu’estimarye a súa axuda. Pra datar y situar a foto de Manolo cos aficionaos nun partido del Sporting, foi imprescindible el axuda de Frichu Yustas, especialista na historia d’este equipo.
[3] CDMH, DNSD-Secretaría, Ficheiro, 12, C0136078, C0136082.
[4] A súa familia pide novas d’él nel periódico y esplica que ta nese batallón (CNT, 2-3-1937).
[5] CDMH, DNSD-Secretaría, Ficheiro, 12, C0136079, C0136081.
[7] El Correo Gallego, 9-11-1935.
[8] Aparece núa requisitoria das autoridades franquistas en 1941 pra que se presente a declarar con outros seis marineiros núa causa qu’abriran pra investigar esa institución antias del «Glorioso Alzamiento Nacional» (Diario Oficial del Ministerio de la Marina, 4-7-1941).
[9] Todoslosnombres. A versión d’este archivo que se conserva en Internet actualmente, unde nun aparece a fecha nin el sito de morte, é anterior á qu’eu puiden consultar, unde si se dan esos datos.
[10] CDMH. PS Barcelona, C0031.
[11] Na súa biografía na web da Fundación José Barreiro diz que lo propuxeran pra esa función, anque nos archivos da DNSD franquista figura como destinao xa nese posto (CDMH, DNSD-Secretaría, Ficheiro, 12, C0136087).
[12] Boletín Oficial del Instituto de Carabineros, 2-7-1938.
[13] Boletín Oficial del Instituto de Carabineros, 24-8-1938.
[14] http://www.marinavasca.eu/es/carabineros-de-mar.php?o=8
[15] CDMH. PS Barcelona, C0012.
[16] Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 1-10-1938.
[18] CDMH. Incorporados, 1616, 14, 6.
[19] CDMH. Incorporados, 1616, 16, 04.