
Ramón Martul.
Muitos republicanos acabaron despatriaos, llonxe da súa terra, por causa del golpe militar y a guerra posterior. Houbo dalgús procedentes del occidente asturiano que deron salido d’Asturias condo ésta cayéu y que tamén deron pasao pra Francia condo cayéu Cataluña. É el caso de Ramón Martul Lagares, gallego vecín da Veiga, conceyal nel última corporación republicana y que quedóu a vivir pra sempre nel país galo[1].
Ramón Martul Lagares[2] fora nacido nel llugar de Riocaldo, na parroquia do Castro, conceyo de Begonte (Lugo), el 19 d’abril de 1906. Era fiyo d’Ángel Martul y Asunción Lagares, que, despóis de casaos, viviron na parroquia de Baamonde, nel mesmo conceyo, unde tuveron máis fiyos: Filo, José[3], Luis y Carmen. Os pasos de Ramón lleváronlo de mui novo a Asturias, á Veiga[4]. Cumpríu as súas obrigacióis militares en Infanteiría en 1927 y dous anos despóis, un 28 de novembre, casóu cua veigueña Celia Rodríguez Pérez. Na súa casa, nel n.º 13 da caye da Empedrada, naceron dúas fiyas: en 1931 Celia María y en 1932, María Lourdes[5].
Él trabayaba de xofer de camióis nun negocio de tresportes de Nicolás Fernández Ripoll, empresario qu’apoyara a coalición republicano-socialista que gobernóu na Veiga despóis das eleccióis municipales de 1931. Según un informe posterior del alcalde franquista Marcial Fernández Núñez, Nicolás y sou padre, Eulogio Fernández Riopedre, eran conocidos pola súa implicación cuas esquerdas y axudaran a conceyales y sindicalistas presos por causa dos incidentes qu’houbera na villa núa folga en outubre de 1934. Nel informe esplica a influencia que tían sobre os obreiros porque eran muitos os que trabayaban pra ellos nos negocios que llevaban. Os sous empreaos eran «todos rojos», resume[6]. Así y todo, pinta que nos últimos anos del periodo republicano Martul xa nun trabayaba pra Ripoll, senón qu’eran socios[7].
Nun sabemos máis da súa implicación política, pro debía tella condo en 1936, despóis da victoria del Frente Popular nas eleccióis de febreiro, figura entre os conceyales interinos qu’el gobernador civil nomóu prá corporación municipal da Veiga, nel sou caso como ún dos representantes d’Izquierda Republicana[8]. El 21 de febreiro el gobernador repuxera nos cargos a os conceyales da coalición republicano-socialista que destituíra el anterior gobernador despóis dos sucesos xa citaos d’outubre de 1934 que llevaran al alcalde, a os conceyales del PSOE y a dalgús sindicalistas veigueños a prisión. Na toma de posesión aquel mesmo día, el conceyal socialista Antonio Riopedre[9] «fustigó enérgicamente a los elementos reaccionarios que sin conciencia ni entrañas no han vacilado en meter en la cárcel a honrados trabajadores y a algunos de los que en este momento se sientan en estos escaños». Como d’eso eran responsables cuase todos os demáis conceyales conservadores que seguían formando parte da Corporación, pedíu que se declarara a «incompatibilidad moral» con aquella xente cua que nun era posible seguir sentándose. Esos conceyales nun asistiran y el alcalde dixo que nun se podía tomar ningún acordo al respecto por nun haber quórum, pro notificóuse esa queixa al gobernador[10], qu’el 4 de marzo destituíu a cinco dos seis conceyales que faltaran y nomóu conceyales interinos a outros cinco. Entre ellos taba Martul, que tomóu posesión del cargo el día 9 d’ese mes y foi escoyido pra formar parte da Comisión d’Instrucción Pública[11].
Despóis del golpe militar xa nun houbo máis plenos municipales: el último, del 19 de xuyín, nun lo convocara el alcalde «en razón de los sucesos revolucionarios», diz el secretario nel acta[12]. El víspora, pra defender el orde republicano, constituírase na Veiga un comité de guerra presidido pol tenente d’alcalde, el socialista Ubaldo Rodríguez Mourelle[13]. Con él colaboróu Martul, qu’el alcalde franquista Fernández Núñez, nel informe que xa se citóu, acusa de que fora xefe del comité de tresportes. Tamén diz que viaxara al centro d’Asturias, acompañao d’outros del comité, a buscar milicianos pra defender el frente occidental. Ademáis afirma que visitaba todos os días a casa de Ripoll y qu’escapara cos republicanos condo chegara á Veiga a columna militar sublevada[14].
Xa en zona republicana, Martul allistóuse nel Exército popular y, condo en outubre de 1937 cayéu el frente d’Asturias, puido fuxir por mar y chegar á parte d’España que seguía en maos da República. Allí reincorporóuse col rango de tenente que tía nas milicias del Exército del Norte[15]. Como yes pasóu a outros que nos sous llugares d’orixe seguían á esquerda moderada, el paso pol Exército llevóulo a achegarse al Partido Comunista y a afiliarse a él. El último destino que Ramón Martul tuvo antias da cayida final de Cataluña foi como tenente de tresportes nel cuartel xeneral de Figueres (Girona).
Puido cruzar pra Francia pol paso fronteirizo de Le Perthus el 10 de febreiro de 1939, cinco días despóis de qu’el Goberno francés al cabo deixara entrar a os ex-combatentes republicanos, us 250.000 que se sumaron a outros tantos civiles muyeres, nenos, veyos y mancaos que xa puideran pasar dende el 28 de xeneiro. Martul cruzóu el víspora de qu’as tropas de Franco tomaran todos os pasos fronteirizos. Como os demáis que pasaran por Le Perthus, debéu acabar nos campos de concentración amañaos nas prayas d’Argelès-sur-Mer ou de Saint Cyprien, nel departamento de Pirineos Orientales, núas condicióis durísimas naquel tempo d’inverno, sin sitos unde aveirarse, sin augua potable, sin servicios.
Cuatro meses despóis, mandaron a Ramón pral campo de concentración de Judes, al pé del llugar de Septfonds, nel departamento de Tarn y Garona. Firma a ficha d’entrada nel campo el 12 de xunio, igual qu’outros centos de soldaos y oficiales máis. Núa observación final declara que quer ir pra cualquera país democrático, pro non pra España[16]. El campo de Judes pensáralo el Goberno francés como sito de concentración d’ex-combatentes obreiros especializaos cua idea d’aprovetallos prá industria, anque al cabo os máis foron pra trabayos agrícolas ou na madera. As instalacióis del campo chegaron a ser 45 barracóis polos que pasaron us 15.000 ex-combatentes republicanos. Arrodiaos d’alambradas y custodiaos por un millar de soldaos, as condicióis seguían sendo duras y ben precarias: alomenos 81 prisioneiros morreron nos tres anos en que tuveron os españoles (Vidal Castaño, 2013).
As alternativas qu’el Goberno francés daba pra salir dos campos de concentración eran volverse pra España, allistarse na Lexón Estranxeira ou enrolarse nas Compañías de Trabayadores Estranxeiros, unidades militarizadas que, despóis del armisticio de Petain con Hitler nel brao de 1940, pasaron a chamarse Grupos de Trabayadores Estranxeiros (GTE). Volvemos saber de Martul nos primeiros meses de 1941 gracias al llibro Una larga marcha, memorias d’outro ex-combatente republicano, Albino Garrido, unde lo cita. Os dous formaban parte del 7.ª GTE, que trabayaba na esplotación madereira y fabricación de carbón de lleña núa carbayeira en Cascaret les Garrigues, al norte de Nimes, capital del departamento de Gard. Garrido recorda qu’era tanta a fame que pasaban qu’iban de noite ás escondidas a os pataqueiros a sacar patacas pr’asallas. Al falar da variedá da composición ideolóxica d’aquella compañía, con socialistas, anarquistas, xente sin afiliación y comunistas, qu’eran os que s’organizaban miyor y eran máis activos, cita a Martul, qu’era el responsable del PCE local y que describe como home «con experiencia, decidido y muy directo» (Garrido, 2013: 121).

Peteiro de compoñentes del GTE n.° 7. Ramón Martul é el segundo pola dereta de pé. Embaxo, deitao, Albino Garrido.
Naquellos primeiros anos en que Ramón Martul tentaba de sobrevivir en Francia, nun sabemos se deu establecido dalgún contacto cua súa familia, que quedara sola na Veiga, señalada como muitas outras que tían os homes fuxidos cos republicanos. Por acio d’un amigo de Tapia, Celia marchóu llougo cuas fiyas pra Donostia y allí quedaron pra sempre[17]. El aparato represivo franquista, anque era sabedor de que Ramón nun taba na Veiga, nun lo esqueicéu: abríranye un espediente de responsabilidá civil en 1937[18] y outro de responsabilidades políticas en 1940 pol que lo citaron en Uvieo pra escuitar os cargos que ye imputaban[19], ademáis de ser encausao pol Tribunal Especial de Represión de la Masonería y el Comunismo[20].
Desque acabóu a guerra, Ramón Martul quedóu a vivir en Francia. Gracias al espediente que se guarda sobre él na Oficina Francesa de Protección a os Refuxaos y Apátridas, unde tía que renovar periódicamente a documentación, podemos saber máis. Fixéronye un primeiro documento d’identidá a mao, en marzo de 1948. Desa taba nel llugar de Juzet d’Izaut, nel departamento del Alto Garona, nos Pirineos, al pé del Valle d’Arán[21]. En 1955, vive na caye Claude Perrault, n.° 23, da ciudá de Toulouse, capital del mesmo departamento. Figura como mecánico, cua súa muyer vivindo en España, anque en realidá Celia desa xa morrera, en 1950. En dalgún momento, Ramón debéu chamar a súa irmá Carmen, que foi vivir a Toulouse y trabayóu allí servindo en casas. As fiyas, Celia y Lourdes, tamén tuveron contacto con él y sabían que sou padre conocera úa muyer francesa que participara na resistencia francesa y cua que vivía. En 1962, último rexistro nel sou espediente y unde xa aparece como viudo, seguía vivindo en Toulouse, nel n.º 24 d’úa caye que nun podía chamarse máis al xeito: Rue de la Liberté.

Ramón Martul ten mao del sou neto, tamén Ramón, con súa irmá Carmen al pé. Donostia, setembre de 1965.
Ramón volvéu a España dúas veces alomenos. Úa foi en setembre de 1965, pr’asistir en Donostia al bautizo d’un neto, fiyo de Lourdes, al que puxeron el nome del bólo. Foi úa visita de dous días namáis, de seguro que con medo a represalias. Consérvanse fotos sacadas na igresia, unde tamén tuvo súa irmá Carmen. Ramón nun puidera tar nel enterro de sou padre, nin del de súa irmá Filo nin nel de súa madre, que morrera en 1961. Na esquela d’Asunción, el fiyo figuraba como «ausente»[22]. A segunda vez que volvéu foi alredor de 1970. Había asuntos por amañar das partixas en Baamonde y seguíu viaxe camín de Galicia. Desconocemos se chegóu a parar na Veiga a ver amigos qu’einda ye quedaban alí. Tampouco sabemos a fecha condo morréu Ramón, pro debéu ser alredor de mediaos d’aquella década. ¿Chegaría a ver a morte del dictador?
BIBLIOGRAFÍA Y SIGLAS USADAS
BOE = Boletín Oficial del Estado.
BOPO = Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo.
Garrido, Albino (2013): Una larga marcha: de la represión franquista a los campos de refugiados en Francia, Lleida, Milenio.
Vidal Castaño, José Antonio (2013): Exiliados republicanos en Septfonds (1939), Madrid, Los Llibros de la Catarata.
[1] Retomo el qu’escribín sobre él en Como augua de torbón (p. 283) correxido y completao agora con datos novos. Déboyes obrigación pola súa busca nos archivos veigueños a Pepe Mesa y Juan José Pardo Pérez Sanjulián, y, nos archivos gallegos y franceses, a Luis Garrido Orozco. Sou padre, Albino Garrido San Juan, combatente republicano qu’acabóu exiliao en Francia, foi compañeiro de Ramón Martul nun grupo de trabayadores estranxeiros y aparece citao nas súas memorias, tituladas Una larga marcha. Gracias al interés y dedicación de Luis, col que me puxo en contacto el historiador Antonio Muñoz Sánchez, puiden volver afondar na biografía d’este exiliao esqueicido.
Despóis de publicar el caso nel blog, dous netos de Ramón Martul, José y Ramón Gómez Martul, puxéronse en contacto comigo y agradecéronme a investigación sobre sou bólo. Tamén m’apurriron fotos y dalgún dato que desconocía, polo que retoquéi partes y amecín outro acabo. Cousas como estas son úa satisfacción pra cualquera historiador da memoria democrática.
[2] Nel libro cítolo erróneamente col apellido Logares, pro agora din confirmao a forma correcta: Lagares. Dependendo das fontes, os apellidos d’él ou os dos sous familiares aparecen tamén como Martull, Marful y Logares. Mesmamente, dalgús descendentes de Ramón llevan na actualidá el apellido Martull.
[3] Sou irmao José tuvo como soldao en Ceuta y foi admitido na Guardia Civil en 1935 (Gaceta de Madrid, 10-7-1935). Como guardia del posto de Mieres, formóu parte das tropas sublevadas por Aranda que resitían nun Uvieo cercao polas forzas gubernamentales. Allí morréu el 15 d’outubre de 1936 (https://ame1.org.es/wp-content/uploads/2021/02/Libro-FALLECIDOS-GUARDIA-CIVIL-web.pdf) al disparárseye por accidente el arma nel cuartel. Sous padres recibiron úa pensión del Estao pola morte del fiyo (BOE, 27-8-1940, 23-5-1943).
[4] Nel censo de 1930 figura el dato de que llevaba oito anos vivindo na Veiga.
[5] El padrín de María Lourdes foi José Ramón Fernández Rico, Cubelas, xofer ribadense compañeiro de trabayo de Ramón y vecín da Empedrada, que tuvo preso despóis, en 1936, acusao d’axudar nel comité de tresportes da Veiga nos días en que funcionara el comité de guerra (Como augua de torbón, p. 262).
[6] Causa 1.002/36. Fernández Ripoll tuvo preso en setembre de 1936 y foi multao con 7.000 pesetas pra recuperar a llibertá (Como augua de torbón, p. 262). En 1938, sendo alcalde Fernández Núñez, despóis da insistencia de «un extenso núcleo de opinión de Vegadeo, precisamente el que secundó con mayores alientos el Movimiento Nacional», en palabras del gobernador golpista Gerardo Caballero, volveron procesallo. Ripoll taba malo na casa y os cargos acabaron sobreséndose, pro propuxéronlo outra vez pra úa sanción gubernativa. Paralítico d’úa perna y enfermo de tuberculosis, morréu en xeneiro de 1941 (Como augua de torbón, pp. 264-266).
[7] Ramón Fernández-Trío, xefe local de Falanxe na Veiga, diz qu’era socio de Ripoll «en una empresa de transportes», un testigo afirma que «en aquellos días el Martul no trabajaba directamente para la casa Ripoll» y outro fala da relación qu’había entre os dous, que sería debida á «sociedad de camiones con el Nicolás Fernández Ripoll» (Causa 1.002/36). Debía ter asuntos llaborales pendentes: restablecida xa a maquinaria burocrática polos franquistas en Uvieo, en 1938 convocaron a Martul y al sou amigo Ramón Fernández Rico a un xuicio con Nicolás Fernández Ripoll ante Maxistratura de Trabayo (Región, 4-8-1938) al que, evidentemente, el primeiro nun podía presentarse.
[8]Las Riberas del Eo, 4-4-1936. Por error, na nota biográfica curtia sobre Martul que publiquéi nel llibro, poño 1931 como fecha da súa entrada nas corporacióis veigueñas.
[9] Antonio Riopedre Rodríguez, el Gordo, qu’era comerciante y afiliao á UXT, acabóu exiliao en México, unde trabayóu de panadeiro (Como augua de torbón, 281-282).
[10] Llibro d’actas del Conceyo da Veiga, acta de posesión de 21 de febreiro de 1936.
[11] Llibro d’actas del Conceyo da Veiga, dilixencia de 4 de marzo de 1936 y sesión estraordinaria de 9 de marzo de 1936. El conceyal independente Valentín Pérez García, que nun foi destituído, nun asistíu a ningúa sesión máis.
[12] Llibro d’actas del Conceyo da Veiga, sesión ordinaria-supletoria de 19 de xuyín de 1936.
[13] Ubaldo Rodríguez Mourelle, el Pañero, nacido en Trabada (Lugo), era comerciante de texidos y foi secretario del sindicato socialista veigueño La Inquebrantable. Chegóu a capitán nel Exército republicano y, despóis da cayida d’Asturias, con outros ex-combatentes deu chegao a Os Ozcos, unde s’escondéu. En mayo de 1938, mentres tentaba de pasar a Francia con outros compañeiros, nun enfrentamento cua Guardia Civil en Bizkaia resultóu ferido y suicidóuse pra nun ser úa carga pra ellos (Como augua de torbón, p. 270).
[14] Causa 1.002/36.
[15] Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 21-3-1938, 26-3-1938.
[16] https://www.geneanet.org/registres/view/26272/518.
[17] Nel censo de 1939 da Veiga, xa nun viven na Empedrada.
[19] BOPO, 1-5-1940, 12-8-1940.
[20] https://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/description/7441131.
[21] Luis Garrido apúntame úa hipótesis suxerente sobre a súa presencia allí: que puidera quedar a vivir na zona despóis de participar na operación Reconquista d’España, úa iniciativa del PCE pra tentar de provocar un llevantamento popular entrando con un grupo de guerrilleiros pol Valle d’Arán en outubre de 1944. A operación, que duróu menos d’úa semana, fracasóu.
Saludos D. Xosé Miguel
Soy uno de los nietos de Ramón Martul. Mi hermano y yo hemos encontrado y leído con sorpresa y emoción la información tan extensa que publica de nuestro abuelo. No creíamos que aún existiesen documentos sobre su vida, ni tantos detalles de ella, y la memoria ha ido difuminando, pero no perdiendo, lo que nos contó nuestra madre sobre su padre.
Queremos hacerle saber que recordamos detalles sobre su vida, especialmente a partir de 1962, que ponemos a su disposición. Es información que guardamos en la memoria, pero también tenemos fotos de su primera vuelta a España, concretamente a nuestros bautizos, aparte de algunas otras anteriores, siendo ya residente en Francia.
Tiene mi correo electrónico si desea mantener el contacto. Estaríamos encantados de aportar lo que tenemos a su importante trabajo, que reconocemos y agradecemos.
Muchas gracias. Un cordial saludo.
GústameGústame
Hola, José. La sorpresa y la emoción son mías. ¡Enseguida contacto!
GústameGústame