
Longinos Álvarez Vijande en 1944, arrodiao dos compañeiros del trabayo. Nel pico del capó del camión ta Gerardo Álvarez Rodríguez, que pasara por un batallón de soldaos trabayadores despóis de lluitar nas filas republicanas.
Al falar das víctimas da represión franquista, renémbransenos os asesinaos, os fusilaos, os presos, el trabayo escravo, os exiliaos, os escondidos, os requisaos y multaos, os soldaos mortos nel frente núa guerra provocada por militares rebeldes erguidos contra úa República que xuraran defender… Ademáis, ben familias que quedaron axina na zona sublevada tuveron que ver cómo irmaos ou fiyos de represaliaos tían qu’ir allistaos a lluitar contra as súas ideas. Na peripecia de tres irmaos da familia veigueña del Rufo pódense atopar dalgúas d’estas circunstancias. Esta é a súa historia[1].
Del matrimonio del ferreiro Francisco Álvarez Espina, del Rufo, con Victorina Vijande García naceron trece fiyos. Anduveron coyendo caseiríos en renta pola contornada, así que foron nacendo nesos sitos: os primeiros na Miyeira, en Meredo (A Veiga), unde empezóu el andadura, que seguíu na Barranca, tamén nesa parroquia veigueña, Montavaro y El Castro, na parroquia castripoleña de Balmonte, pr’acabar en Barcia, na parroquia veigueña de Piantón. Eran José, Teolinda[2], Longinos, Ramona, Rufina, Francisca (Quica), María, Francisco, Alfredo, Manuel, Visita, Luis y Pilar. Nel caseirío en Barcia quedaron as fiyas, mentres qu’os padres fixeron úa casía en Piantón unde tían chigre y baile, ademáis d’un forno unde os vecíos iban cocer y turrar el meiz.
Con tantos irmaos y tan poucos medios, dalgús foran marchando pra Buenos Aires: José, Ramona, Rufina, Luis y Manuel, anque este volvéuse despóis prá Veiga.
Longinos (A Miyeira, 15-10-1908), el irmao máis grande que quedaba na Veiga, casóu con Elvira Fernández, de Fernandón[3], y foron vivir al barrio del Fondrigo. Allí tuveron dous fiyos: Ramón y Rufina Elvira (Fina). Longinos trabayaba de xofer na empresa d’Eulogio Fernández Riopedre. Daquella nun sabía ller nin escribir, pro, como obreiro concienciao, tía ben claro as súas simpatías políticas polas esquerdas y taba afiliao al Partido Socialista.
En 1936, condo se deu el golpe militar, as autoridades republicanas amañaron de xeito urxente comités de guerra locales pra defender a llegalidá. Longinos púxose al servicio del comité da Veiga. El 23 de xuyín, al saberse qu’úa columna militar salira de Lugo camín de Ribadeo pra sumar esa villa gallega á sublevación, el comité de guerra da Veiga amañóu un grupo de voluntarios pra ir feryes frente[4]. Iba delantre un coche unde iban Longinos, el guardia municipal Alfonso Quintana Martínez, el comerciante Julio Riera Álvarez y el xofer Justo Fernández Suárez, conocido como Galochía, vecín de Longinos nel Fondrigo. Desque cruzaron el Eo y pasaron Porto y a ponte de Reme, na curva de Covelas atopáronse con úa columna rebelde que vía de Lourenzá. Os guardias civiles qu’iban delantre mandáronyes baxar del coche y, según el sou informe, mataron a Justo al querer éste sacar un arma. Al rexistrar el cadabre, aseguraron que ye atoparan úa pistola. Según el resume del xuez instructor, nel coche levaban úa escopeta, dous cartuchos de dinamita y un revólver del guardia municipal[5]. Longinos nunca cuntóu miga á súa familia d’aquel encontro desgraciao. Namáis muitos anos despóis, condo tuvo mui malo, antias d’úa operación, volvéu recordar aquel día. Según esplicóu, Justo y outro baxaran del vehículo y el primeiro, nun xesto nervioso, metera a mao nel bolso pra sacar un pano pra suarse. Os guardias civiles qu’iban en cabeza nun anduveron con muitas contemplacióis. Longinos debía ter medo a morrer sin cuntar aquello: «Nunca a pena me pasa porque mataron a Galochía. Lo que máis me doléu de todo é que me feron pisalo»[6].
A Longinos, Alfonso y Julio, despóis de tar presos en Ribadeo, tresladáronlos axina a Lugo, a úa cárcel provisional que se dispuxo nel edificio de Radio Lugo. Declararon delantre del xuez militar instructor Mariano Pérez Hickman el día 27 asegurando qu’ellos nun fixeran frente ás tropas, que saliran por orde del comité de guerra da Veiga pra ver se chegaba úa columna revolucionaria y qu’as armas que llevaban eran pra defendérense. A marca del dido de Longinos ta na declaración al pé das firmas dos outros porque nun sabe escribir.
Pérez Hickman propónlos pra xuicio sumarísimo pol delito de rebelión con outros nove vecíos da Pontenova y Ribadeo implicaos na resistencia contra as tropas sublevadas. El 29 volven declarar nos mesmos términos, d’esta volta, delantre del xuez instructor del proceso sumarísimo, el capitán d’infanteiría Antonio Montenegro Castro[7]. El 8 d’agosto, esta peza acumúlase a outra causa militar y os procesaos volven al cargo de Pérez Hickman, que solicita os informes de rigor ás autoridades sobre a súa conducta. El comandante militar da Veiga, Manuel Cotarelo, manda un documento con información que ye dera a Falanxe local sobre Longinos y os compañeiros. D’él dicen qu’é afiliao al PSOE y que fixera guardias ás ordes de Julio Riera. Noutro informe posterior da Guardia Civil da Veiga describen a Longinos como «mero simpatizante del marsismo [sic]». El 7 de setembre, el xuez pon úa fianza conxunta de 750.000 pesetas a catorce dos procesaos na causa. Desa xa tán na cárcel de Lugo y allí declaran que nun tein con qué fer frente á esa cantidá tan grande.
En novembre a causa dáse por instruída. Al cabo, son 25 os procesaos nella y el conseyo de guerra ponse pral 4 de decembre. Dous días primeiro, dícenyes qu’escoyan abogao defensor, que vai dispoñer de tres horas pra estudiar os autos. Longinos y outros doce escoyen al oficial Antonio Rosón Pérez. Al outro día, cos abogaos presentes, llenyes os cargos y as peticióis del fiscal. Nel caso de Longinos, piden pra él pena de morte ou reclusión perpetua por rebelión militar. Os da Veiga propóin prá súa defensa once testigos entre autoridades, propietarios y xente de confianza del réxime, pro axina los avisan de que namáis se van citar os que tían en Lugo. El día 4 llévanlos al palacio da Diputación, unde se vai celebrar el conseyo de guerra[8]. Namáis tán dous dos doce testigos que pediran: Saturnino González, alcalde da Veiga, y José Sánchez, tenente d’alcalde. Os dous dicen de Longinos que tein bon concepto d’él, anque, según el acta del conseyo, a perguntas del fiscal, González diz qu’el coche iba chen de dinamita y Sánchez diz que Longinos era d’esquerdas.
A sentencia fai a esposición habitual d’aquellos conseyos de guerra: el «Ejército, columna vertebral de la Nación, personalizó y dirigió» un «movimiento nacional […] con el fin de rescatar a España del mando de los Gobiernos del Frente Popular que pretendían desmembrarla y hacerle perder su independencia». A base llegal pra fer eso foron «los bandos declaratorios del estado de guerra» y a finalidá del golpe era «dar a la Nación una nueva estructura en consonancia con sus auténticas esencias de personalidad, quedando rota la anterior ordenación jurídica y asumidos todos los poderes del Estado por la Institución armada». A defensa da llegalidá contra el golpe militar na que participaran os procesaos descríbese d’este xeito: «[…] contra esta acción salvadora del Ejército se opusieron resistencias exteriorizadas en diversas formas dimanantes de un conglomerado compuesto por los elementos adictos y simpatizantes del Frente Popular, los que al alzarse en armas contra el Ejército exteriorizaron de este modo la revolución que venían preparando con el siniestro fin de implantar la Dictadura del proletariado y someter a la Patria a la soberanía de una potencia extrangera [sic]». Polo tanto, al considerallos delitos de rebelión militar, a Longinos y Alfonso condénanlos a cadía perpetua y a Julio, a morte, por concurrir nél el agravante de perversidá, según el tribunal[9]. Longinos ten entoncias 28 anos. Na súa cabeza tein que tar a muyer y os fiyos mentres calcula que, al supoñer a perpetua 30 anos de prisión, vai salir condo teña 58 anos.
Daquella, Elvira, a muyer de Longinos, trabayaba con súa cuñada Quica na Bilbaína, úa fonda al pé del Conceyo da Veiga, na veira del río. A situación da familia cambiara cua falta de Longinos, así qu’Elvira marchóu del Fondrigo y foron vivir pra Barcia, á casía del Forno. Os nenos quedaban al cuidao da bóla ou da tía Visita mentres a madre iba trabayar.
Como a outros centos de vecíos d’esquerdas da Veiga, a toda a familia del Rufo —padre, madre, fiyos y fiyas— abríronyes un espediente de responsabilidá civil[10], anque tempo despóis a Comisión Provincial d’Incautación deixóulo sin efecto[11].
Col home na cárcel, nun foi miga fácil pra Elvira, que sufríu desprecios y pasóu muito medo. Un día que fora a misa á igresia de Piantón con Dolores, muyer d’outro veigueño compañeiro na prisión de Lugo, Justo Méndez Vijande, sacáronyes pra fóra os reclinatorios. Nun las querían ver por allí, dixéranyes. Dalgúa vez xuntábanse as dúas cos nenos pra pasar a noite todos xuntos. Mandaban axina os fiyos prá cama pra que nun yes ougüiran os sous esmolementos. Elvira foi dalgúas veces con Quica ou con Dolores á cárcel de Lugo. Iban hasta Porto, na veira galega del Eo, y allí coyían un tresporte. Como muitos outros presos, Longinos fía manualidades prá familia. Pilucha, súa fiya, recordaba un marco pra úa foto da parexa y un aniyo de madera que fixera pra Teolinda.
Col irmao preso, Francisco (Montavaro, 18-4-1918) era el que quedaba dos irmaos del Rufo en edá militar, así que tuvo qu’ir allistao nas filas de Franco. Era socialista y, cos sous compañeiros Hermenegildo Paraje y Ramón Vior, tuvera úa amarrega con falanxistas en mayo de 1936 unde éstos saliran pior paraos[12]. Llougo lo mandaron pral frente, pro a familia nun soubo máis nada d’él, agá a noticia que yes chegóu tempo despóis dende Barcelona de qu’el rapaz morrera enfermo, así qu’a morte debéu en 1939, porque foi en xeneiro d’ese ano condo a capital catalana cayéu en poder dos sublevaos. Cua carta vían úas cintas y un crucifixo da caxa.
Alfredo (Montavaro, 18-8-1920), el outro irmao al que ye tocaba allistarse, al fer os 18 anos en 1938 tuvo qu’ir presentarse al Conceyo. Un vecín de Piantón que trabayaba allí quería ferye subir y baxar as escaleiras 500 veces. Anque el rapaz negóuse, el empreao burllóuse d’él todo conto quixo. Alfredo decidíu que nun taba disposto a ir a filas. Como dalgús outros mozos, buscóu esconderse nos llugares altos da parroquia castripoleña de Balmonte, al pé da serra da Bovia. Máis tarde baxóu cerca da familia, pra Barcia, a úa xesta mui grande qu’había allí nun sito que ye chaman El Cadaval. Recordábase que vía chen de pulgas. Tuvo parte del inverno y, anque ye llevaron cobertores, pasóu muito frío. Quica cuntaba que nas noites de llúa víanse amolaos pra poder llevarye de comer, nun los fosen ver. Y ás veces tían qu’aguardar y ir al outro día.
Condo taba acabando el outono de 1939, el recordo tan duro del inverno anterior decidíu a Alfredo a acabar con aquello. El 11 d’outubre foi prá casa, llavóuse y baxóu á Veiga. Presentóuse nel Oficina Central d’Información, dependente da Columna d’Operacióis d’Asturias[13], sistema creao pra perseguir a os fugaos y escondidos. Condo os presentaos nun acababan nun conseyo de guerra, el máis habitual é que los mandaran a fer trabayo escravo a un batallón de soldaos trabayadores, como foi el caso d’Alfredo. Despóis de pasar pol campo de concentración de Miranda de Ebro, incorporóuse el 4 de decembre á 4.ª compañía del batallón de trabayadores n.º 116. As condicióis de vida y de seguranza nestos batallóis eran ben ruías: el 15 de marzo de 1940, mentres trabayaban nas obras del Academia d’Infanteiría de Zaragoza houbo úa esplosión. Morreron Alfredo y un compañeiro, Fulgencio Espina Espina[14], tamén asturiano. Nomóuse un xuez instructor pr’averiguar as causas del accidente, anque nun hai máis datos nel sou espediente del batallón[15]. A Alfredo enterráronlo nel cementerio de Zaragoza, pro en 1961 as autoridades franquistas decidiron mandar os sous restos, y os d’outros miles enterraos allí, á basílica de Cuelgamuros[16]. Nos rexistros figura que lo depositaron nún dos sous columbarios el 17 de febreiro[17]. Todas estas circunstancias nun las soubo a familia hasta qu’hai us poucos anos os sous sobríos netos decidiron investigar qué fora d’Alfredo. Tein solicitao recuperar os sous restos y tán aguardando a que se localicen.
Dos tres irmaos que marcharan da Veiga por causa da guerra, namás Longinos volvéu. Conmutáronye a pena de reclusión perpetua a seis anos de prisión menor[18] y salíu da cárcel de Lugo en prisión atenuada el 23 d’agosto de 1940[19]. Despóis de volver, a parexa tuvo máis fiyos: Maruja, Elvira, Ramonita, Alfredo y Pilucha. A muyer morréu en 1956, a os 40 anos, un ano despóis de nacer Pilucha.
Como preso en llibertá condicional tuvo que presentarse cada certo tempo ás autoridades y precisóu d’informes favorables, que, según se recorda na familia, recibíu entre outros del xuez municipal Eustaquio Lago y del notario de Piantón Gregorio Lahoz, pral que trabayaran de criadas Teolinda y Quica. Longinos volvéu trabayar na mesma empresa unde taba en 1936, pro necesitóu sacar el carné de conducir, conque tuvo qu’aprender a ller y escribir.
A él nun ye gustaba falar dos tempos na prisión, anque recordaba el frío, a fame y el axuda que se daban entre os presos. Eso si, condo as fiyas escuitaban a Pirenaica, dicíayes él: «Tede cuidao, vanvos coyer, que nunca vos esqueiza que sodes fiyas d’un rojo». «Podo perdonar, pro nun esqueizo», repetía sempre recordando todo el que pasaran él y a familia. Condo fixeran casas baratas en Piantón, a que se chamóu oficialmente barriada Francisco Franco, Elvira quixera ir pr’alló, porque daquella taban de renta, pro Longinos nun quixo: nun quería casas de Franco. Xa veyo, condo en 1981 Tejero entróu nel Congreso al frente da Guardia Civil, dicía: «Inda vein por nosoutros».
Longinos morréu en Xixón, na casa da súa fiya Fina, el 20 de xeneiro de 1999.
BIBLIOGRAFÍA Y SIGLAS USADAS
AXMG = Archivo Xeneral Militar de Guadalajara
BOPO = Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo
CDMH = Centro Documental da Memoria Histórica
Souto Blanco = Souto Blanco, María Jesús: A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo (1936-1940) [Base de datos online].
[1] Agradézoye a Pilucha, fiya de Longinos, os recordos familiares que me cuntóu y a David Álvarez, sobrín neto, teño qu’estimarye que puxera á mía disposición documentación imprescindible pra poder completar esta historia. Tamén, como sempre en asuntos veigueños, a Pepe Mesa pola súa axuda. Nel llibro (Como augua de torbón, pp. 76, 101, 257, 625) falo de Longinos ―non con tanto detalle como agora―, pro nun cito os outros irmaos, dos qu’entoncias nun sabía miga.
[2] Trabayóu como criada en Sestelo pral americano Ángel Pérez Pérez, que tuvo que fuxir condo chegaban as tropas sublevadas de Galicia. Súa muyer, Felicidad Martínez Martínez, que fora delegada gubernativa, quedóu baxo arresto domiciliario, pro sou home amañóu a fuxida. Recordaba Teolinda el día que veran us falanxistas da Veiga a buscalla, entre ellos os conocidos como el Paragüero y Pixías. Felicidad escondérase nun payeiro y meteron a Pixías a furar por él. Dicen que la vira, pro que nun la delatara. Al cabo, Teolinda vestíula de probe y, col axuda d’us amigos, escapóu cua fiya máis grande, Raquel, hasta chegar a Vigo y embarcar pra Cuba.
[3] A sou irmao Fernando, vecín de Castripol, fusiláronlo en Lugo el 24 de febreiro de 1937 despóis de pasar por un conseyo de guerra (Como augua de torbón, pp. 484-485).
[4] Causa 1.553/37.
[5] Causa 228/36.
[6] Cunto a escena neste mesmo blog al falar del caso de Justo Fernández Suárez.
[7] A documentación del xuicio sumarísimo n.º 195 ta incluída núa causa máis grande, a 228/36, aberta a un feixe de vecíos acusaos de participar na resistencia contra a toma de Ribadeo y A Pontenova polas columnas militares rebeldes.
[8] Presidía Emilio Cortés Reyes; xuez instructor, Mariano Pérez Hickman; vocales, Joaquín Otero Goyanes, Enrique Salgado Martínez, Manuel López Fernández, Joaquín Martínez Ostendi, Francisco Río Salazar y José López Rodríguez; vocales suplentes, José Martínez Peña y Ricardo Areñas Molina; fiscal, Manuel María Puga Ramón. Tamén taban os defensores dos acusaos, Eugenio Pardo y Pardo, y Antonio Rosón Pérez. Todos eran militares sublevaos.
[9] Julio Riera Álvarez era da Felguera (Llangreo) y chegara á Veiga cua familia despóis de participar nos sucesos revolucionarios d’outubre de 1934. Promovera allí a fundación del Partido Comunista y tía muita influencia nos obreiros veigueños. Fusiláronlo en Lugo el 13 de febreiro de 1937 con outros cinco presos (Como augua de torbón, p. 257).
[10] BOPO, 5-10-1937.
[11] BOPO, 10-8-1938, 30-11-1938.
[12] Región, 7-5-1931. Hermenegildo Paraje González, Gildo, nacido en Piantón, escapara prá zona republicana. Pasóu por un conseyo de guerra en Castripol con outros doce vecíos da Veiga y foi condenao a veinte anos de prisión (Como augua de torbón, pp. 225, 273-274).
[13] Figura núa llista de 1939 de fugaos presentaos ou capturaos pola Columna d’Operacióis d’Asturias. Como razón pra entregarse poin: «convencido por nuestra propaganda». El mesmo día tamén se presentóu Alejandro Varela Cotarelo, de Paramios (A Veiga), qu’anduvera escondido polos alredores y que mandaron pra un batallón disciplinario de soldaos trabayadores (AXMG).
[14] Nun morréu nel acto como Alfredo, pro despóis figura como morto. Pertenecera á Juventud Unificada y allistárase nas milicias el 11 de novembre de 1936 (CDMH, DNSD-Secretaría, Ficheiro, 17, E0035765).
[15] Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores (BDST). Expedientes personales de Soldados Trabajadores y Soldados de Escolta | Referencia: ES.19030.AGMG/3.1. Caxa 302014, Espediente 14057.
[16] Relación nominal de sepulturas ocupadas por restos de caídos en la guerra de liberación que procede su traslado al monumento nacional de la Santa Cruz del Valle de los Caídos (https://opacaraimagenes.aragon.es/2f/79/AHPZ_A_008437_0232.pdf).
[17] Traslado al Valle de los Caídos de los restos mortales de Alfredo Álvarez Vijanda [sic] el día 17 de febrero de 1961 (ES/AHPZ/A/008437/0189).
[18] Ministerio de Defensa. Dirección Xeneral de Reclutamento y Enseño Militar. Longinos Álvarez Bijandre [sic] (300423/26909).