
Ramón Sierra, condo taba fendo el servicio militar na Marina.
Á tardía, como todos os días despóis d’acabar os llabores nel caseirío unde trabayaba de criao, Ángel taba cortexando na porta da casa de súa moza Inarbolina, en Andés (Navia). Na casa vivían a madre, dúas fiyas máis y a muyer d’un fiyo que nun volvera da guerra. Taban sentaos fóra, xa na escuridá, col portello zarrao y a porta de riba un pouco aberta. Nesto, pola regandixa Ángel víu rellumar as mochicas d’un cigarro que cayían del piso d’enriba, dende el pico das escaleiras. Estrañao, díxoyo á moza, qu’axina yo quitóu da cabeza: «Tu soñáchelo. ¿Quén vai haber ei dentro, fumando?». Muito tempo despóis cuntáronyo: nada máis cayerye a povisa del cigarro que taba fumando, Ramón, irmao d’Inarbolina, botóu a correr, saltóu por detrás da casa y foi a esconderse. Naide podía saber que volvera da guerra al cayer el frente[1].
José Ramón Sierra Pico, conocido polos sous vecíos col alcuño del Paxarín, nacéu el 4 de xuyín de 1912 en Ca la Piteira, na Villallonga, na parroquia d’Andés (Navia), núa familia de llabradores mui probe. Sous padres eran José Belarmino Sierra Fernández y Amadora Pico Pico, y tía cinco irmaos: Quela, Inarbolina, Fonso (10-6-1917), Juaco, Nicanor y Marcelo. Como todos os mozos d’aquel tempo del medio rural y de familia humilde, ganaba el pan trabayando al xornal. Debéu entoncias afiliarse á UGT. Tuvo qu’abrir un paréntesis na súa vida pra fer el servicio militar, na Marina. Ramón casóu con úa rapaza de Navia, Juana López Díaz, pro pouco tempo tuvo pra pensar nel futuro xuntos porque axina chegóu el golpe militar que lo iba cambiar todo.
Seguramente Ramón s’implicóu col comité de guerra de Navia, porque de sou irmao Fonso recordaban na familia qu’anduvera fendo guardias col brazalete encarnao como muitos outros afiliaos a os sindicatos obreiros. Os dous deberon escapar prá zona republicana condo chegóu a columna militar de Ceano dende Galicia y quizáis tuveron como milicianos nos primeiros momentos. Al dar a República orde de militarizar todas as milicias voluntarias, Ramón allistóuse nel Exército Popular[2]. Foi en Requexu (Trubia), el 1 de novembre de 1936. Nel papel d’ingreso dá cuatro datos: casao, de 24 anos, afiliao á UGT y vecín de Navia. Na cabeceira da foya pon escrito a mao a palabra “cabo”[3]. Servíu nel Batallón n.o 46, Trabanco, unde figura como sarxento y afiliao al Partido Comunista[4]. Esta unidá militar pasóu despóis a ser batallón d’infanteiría n.º 246. Ramón fexo toda a guerra en Asturias na primeira compañía del batallón[5], sempre como sarxento, hasta que cayéu el frente asturiano.
Cua reorganización del Exército d’Asturias en marzo de 1937, el batallón, con outros tres, tuvo encuadrao na chamada Brigada de Pando, que, cua Novena Brigada, amañaban a Quinta División. Pra féremonos úa idea, el batallón n.º 246 tía entoncias 427 efectivos. Al mando taba un maestro nacido en Samartín del Valledor (Ayande), el mayor José Antonio Valledor Álvarez. En abril volvéu haber outra reorganización y el batallón de Ramón encuadróuse na Cuarta División, mandada por Claudio Martín Barco, el militar que tuvera al frente das forzas republicanas en Viḷḷapedre y El Vao. El batallón quedóu na Décima Brigada, mandada por Luis Bárzana, maestro nacido en Castripol. Esta unidá militar cubría el sector del cerco a Uvieo qu’iba dende La Medina (Les Caldes) hasta unde se xunta el río Nora col Nalón[6].
Mentres qu’os dous irmaos taban nel llao republicano, Nicanor, que quedara na casa, tuvo que presentarse condo lo chamaron as autoridades militares sublevadas[7], y tamén por edá ye tocóu al padre, que cuntaba qu’os compañeiros chamábanye el Abuelo.
Al cayer el frente d’Asturias, Ramón y Fonso volveron prá casa. El irmao pequeno seguramente foi clasificao como non peligroso y puido volver pr’Andés públicamente, pro Ramón féxolo en secreto. Tuvo os primeiros días en Viḷḷapedre (Navia) con outro escondido, Ángel Pérez González, de Ca Baragaña[8], pro despóis foi prá súa casa. Fixéronye un furao al pé da pila del cuito unde meteron un caxón con úa abertura pra meterye a comida y sacar as necesidades. Pra poder respirar puxeron us tubos de ventilación que salían entre a maleza. Mentres foi el obra, foron sacando a terra pouquín a pouco y mezcrándola nel eiro, porque sempre los taban velando. De noite, Ramón salía y iba por ei a estirar as pernas, por entre os trigales ou os meizales, ou pola veira del mar, ou nun paraxe conocido como El Valluco, unde había un cortín d’abeyas.
En 1938 a Ramón os franquistas encausáronlo por deserción, al nun presentarse á requisitoria pr’allistarse na Marina[9]. Á casa vía cada pouco a Guardia Civil de xeito violento, entrando a patadas. A canza, Estrella, namáis que los sentía vir, empezaba a lladrar, así qu’un día enfadáronse y tiráronye un tiro que ye atravesóu a barriga, anque nun morréu[10]. Núa d’estas visitas por sorpresa, Ramón taba na casa. Inarbolina y Quela taban malas de xarampín y a él ocurríuseye meterse na cama entre medias das dúas. Os guardias nun s’atreveron a rexistrallas y él salvóu. Houbo máis sustos, como el día qu’úa gata se deitóu nel furao de ventilación del escondite y houbo a morrer afogao.
A pesar de qu’a Fonso nun lo acusaran de nada, el control das autoridades sobre a familia sempre taba ei. Un día, nun partido nel campo del Pardo entre el Navia y el Andés, sempre de rivalidá, Fonso enfadóuse y botóu us cagamentos. Foi a escusa perfecta pra que ye meteran úa multa terrible pras posibilidades económicas d’úa familia que nun tía máis qu’úa vaca, úa cocha parida y úas poucas terras: nada menos que 500 pesetas d’aquel tempo. Tuveron que pedillas emprestadas núa casa vecía. Toda a vida trabayaran nesa casa, al trigo, ás patacas, a sachar… pra pagar a deuda. Tamén yes mandaban trigo pra que yelo guardaran y safarse así das tasas das autoridades, anque nunca yes deron miga a pesar da fame que pasaron.
Pra mandar el tempo y axudar na economía familiar, Ramón fía zapatiyas con Juana, pro eran a muyer y a madre quen las vendían. Os anos foron pasando ún tres d’outro, hasta nove. Nese tempo, outros escondidos foron entregándose, como Ángel de Baragaña. A xente de máis confianza empezóu a saber qu’el Paxarín taba en Andés, na casa. Os conocidos dicíanye que se presentara, pro él tía medo. Un cura d’Andés, Luis Fernández, de Cabanella, qu’era parente de llonxe, tentaba cada pouco de convencello. Mentres inda taba escondido, Ramón tuvo qu’enterarse da morte de sou padre, a os 51 anos, condo taba llimpando un pozo con un fiyo, Juaco. Casualidades ou non, foi na casa d’úa vecía, Valeriana Fernández, viuda d’un fusilao, José González, y madre d’un asesinao, Germán (Como augua de torbón, 547-551). Juaco taba embaxo, cargando caldeiraos de barro nel fondo del pozo, mentres el padre taba enriba, subíndolos. Condo tía cerca el caldeiro chen, empezóu a sentirse mal. Pensóu nel peligro que corría el fiyo, embaxo, amarróu el cordel da roldana á cintura, y quedóu morto. Marcelo, el máis novo dos irmaos, de 17 anos, que taba merendando condo s’enteróu da desgracia, sufríu úa indixestión y morréu a os cinco días.
Todas estas circuntancias tan tráxicas deberon ir minando pouco a pouco a resistencia de Ramón. Ademáis, llevaba un tempo llargo sin recibir as visitas da Guardia Civil y deixara xa el furao pra tar escondido na casa. Parecéuye qu’era el momento de presentarse y féxolo. Tuvo pouco tempo detido porque intercederon por él el cura y el xuez de Navia, al qu’a familia vendía a verdura dende había muito tempo. Y así volvéu Ramón a fer úa vida normal. Morréu el 16 d’outubre de 1982. Él y Juana nun tuveron fiyos.
Pro a historia nun acaba aquí. Poucos anos despóis de que faltara Ramón, alredor de 1985, Óscar, fiyo d’Inarbolina, taba amañando a parede del desván da casa da bóla. Nel espigo había un ventano y taba un pouco esbarrigao. As pedras movíanse y al tentar de colocallas, víu entre ellas un trapo. Tiróu y salíu un envoltorio. Pasmóu al abrillo: un subfusil cua grasa xa seca, outro trapo con un revólver y caxas de munición. Ramón nun volvera del frente desarmao y guardara aquellas armas por se acaso.
Súa tía Quela tamén pasmóu y esmilagrábase toda: «¡Sácame esto de casa!, ¡sácamo!». Óscar quedóu esmolido. Deuye voltas a qué fer y nin sequera ye dixo miga á muyer. Nun s’atrevéu a enterrar aquellas armas nin a tirallas núa bouza. Podía entregallas á Guardia Civil pra que yas inutilizaran, pro nun eran un recordo guapo pra él: era acordarse das penalidades que pasara a súa familia. Un día foi pescar y tiróu el paquete a un pozón. «Que lo coma el mar», pensóu. Quixo miyor ter a Ramón na súa acordanza, sin falta de máis pra recordallo.
SIGLAS USADAS
BOPO = Boletín Oficial de la Provincia de Oviedo
CDMH = Centro Documental da Memoria Histórica
[1] Nun sabía d’este caso hasta que conocín a Ángel Cuesta y al sou fiyo Óscar, a os que debo ben obrigación. Foron ellos quen me cuntaron a historia de Ramón, que puiden completar col axuda d’Óscar y de dalgúa documentación.
[2] Nun constan referencias al historial militar de Fonso nel Centro Documental da Memoria Histórica (CDMH).
[3] CDMH. PS Xixón. KC 17.
[4] CDMH. PS Xixón. CF 115.
[5] CDMH. PS Xixón. CK 77, CF 63, I C 79. Dúas das llistas del batallón unde él figura llevan fecha: xuyín y setembre de 1937.
[6] «La organización del Exércitu’l Norte n’Asturies (I)» (blog Los papeles de la Trókola).
[7] Atopéi úa referencia documental al allistamento de Nicanor en outubre de 1936. Amadora figura como perceptora d’un subsidio diario de cuatro pesetas por ter el fiyo nel frente (BOPO, 4-12-1937).
[8] Ángel escondérase despóis de qu’os sublevaos asesinaran el 12 d’agosto de 1936 en Viḷḷapedre a sou irmao José, Pepe Baragaña, y pasóu us anos nel desván de súa casa hasta que se presentóu (Como augua de torbón, p. 665-666).
[9] BOPO, 21-1-1938 y 22-4-1938.
[10] Era mui querida na casa. Salvóu a un irmao, Juaco, de morrer afogao na ría de Navia gracias a que s’agarróu al rabo da canza, que lo sacóu hasta a praya de Veigarenas. Naquel suceso morreran sete vecíos.
Una vez más, agradecido por este impagable trabajo por la memoria. La mención a Andés me recuerda la familia de Las Aceñas, Navia, que acogió a mi madre, huérfana desde los dos años cuando asesinaron a mi abuelo José Castro Galloso, que trabajó en la construcción de Las Escuelas Graduadas de Boal, el pueblo de la miel.
Gracias Xosé Miguel
GústameLiked by 1 person