Celestino Pastur López

Carné de Celestino das milicias del Frente d’Occidente (PS Xixón, IC 78). A firma é del alcalde de Valdés, Eladio Rico, fusilao en 1937.

Condo miles de republicanos foron parar a campos de concentración al cayer el frente d’Asturias en outubre de 1937, empezóu un proceso pra clasificallos que llevóu a ben d’ellos pral frente (anque agora nel bando rebelde), a muitos a trabayos forzaos en batallóis disciplinarios y a outros a sufrir un conseyo de guerra. Pro nos primeiros momentos en cautividá, aguardando pra saber qué iba ser d’ellos, a dalgús asesináronlos ou fusiláronlos sin ningún proceso xudicial previo, polo que nun hai ou nun se conoce rastro documental da súa estancia en prisión. El veigueño Celestino Pastur López foi úa d’esas víctimas[1].

A familia conocida como os Andoscos vivía nel n.º 8 da caye da Cal, na Veiga. José María Pastur Ferreiro, de Santalla d’Ozcos, y Petronila López Rodríguez, de Vilanova d’Ozcos, tían nove fiyos, anque dalgús casaran y puxéranse en vida de sou. Baxaran alredor de 1919 dende Samartín d’Ozcos buscando salir d’úa situación económica apurada: tuveran por alló un caseirío arrendao y el padre perdéralo todo xugando. Todos os fiyos naceran en Samartín y el máis novo, Camilo, cuase nun tía un ano con chegaron á Veiga[2].

El 30 de xuyín de 1936, al ir chegar á Veiga as tropas del comandante golpista José Ceano Vivas, cuatro dos fiyos da familia, Celestino (1910), Engracia (1911), Benigno (1914) y Camilo (1919), fóronse con outros muitos veigueños na caravana de vehículos y xente que fuxía del avance da columna militar. Al cabo, os republicanos puideron paralla ás portas de Ḷḷuarca, namáis us días, entre el 5 y el 7 d’agosto. Sabemos qu’ese venres 7 Celestino, que daquella tía 26 anos, xuntárase a un grupo de milicianos liderao por Amador Díaz[3]. Al outro día, as tropas rebeldes, axudadas pol aviación y el bombardeo del cruceiro Almirante Cervera, poden entrar na villa valdesana y as forzas da República tein que recular hasta Caneiru. Nos enfrentamentos á entrada de Ḷḷuarca, a Celestino alcánzalo a metralla y perde el oyo dereto. Pior sorte corre el líder da súa unidá, que cai morto[4].

Empeza entoncias el pelegrinaxe del rapaz polos hospitales provisionales qu’acoyían as baxas das forzas republicanas. Primeiro deberon retirallo á retaguardia, pra Salas, porque dende ese comité tresládanlo el día 20 al hospital d’Avilés. El 5 d’outubre mándanlo pral hospital de sangre de Lluanco y dende allí, pr’acabar de recuperar a mancadura, el 12 de novembre ingresa nel hospital de Colunga. Despóis de tanto tempo de convalecencia, Celestino quer saber qué vai ser d’él, así que nese mes fai os trámites pra que ye reconozan os servicios y a invalidez ou, se é el caso, pra que lo incorporen a úa unidá militar. Al cabo, en xeneiro de 1937 el sou nome figura na prensa republicana nas notificacióis avisando a os milicianos de que poden pasar a cobrar a súa nómina[5]. Del primeiro día d’ese mes é a súa ficha d’allistamento nas Milicias. Fírmala en Trubia como afiliao al Partido Socialista[6]. Na documentación conservada del Exército da República el sou nome aparece como integrante del reximento antifascista Máximo Gorki[7].

Benigno y Camilo tamén s’allistaron nas filas republicanas. D’Engracia consta qu’ingresóu nas Milicias en Llera (Grau) el 10 de setembre de 1936[8], pro nun sabemos máis nada das súas peripecias nesos meses. Tuvera d’enfermeira y sempre mirara de tar al tanto de sous irmaos, pro súa fiya María Jesús nun sabe qué foi d’ella condo cayéu el frente nin cómo amañóu pra tar cerca de Celestino condo éste cayéu preso. El que recorda é que cuntaba que taba en prisión prá parte de Llangreo y qu’allí lo fusilaran. Puido Engracia atopar el corpo de sou irmao y reconocello chen de marcas del qu’ella pensaba qu’eran bayonetazos. Tamén recordaba qu’había outros familiares buscando os corpos dos sous y ella tuvera axudándoyes. A esperiencia foi traumática.

Benigno y Camilo sobreviviron á guerra y volveron prá Veiga. Tamén Engracia, que casóu y tuvo úa fiya, María Jesús. Jesús, outro dos irmaos, el máis veyo, que s’allistara nel bando sublevao, sempre velóu por ellos, recordaba Engracia, nus tempos en qu’as conocencias de xente achegada al réxime eran úa axuda pra dar salido adelantre.

Súa fiya soupo muito tempo despóis qu’Engracia tuvera un tempo ingresada nel Psiquiátrico. A situación vivida naquel entoncias tuvo que ser durísima prá rapaza, anque xa tuvera esperiencia nesas xeiras despóis d’un ano de guerra. Pro aquel recordo debéu seguir atormentándola. Chegara a ver documentos de lo qu’ella esplicaba como úa sentencia ou condena a morte, anque nun figura ningúa causa xudicial aberta contra Celestino Pastur. Hai que pensar quizáis en que foran informes contra él, ben sei que das autoridades locales veigueñas, que puideron ser determinantes pra que lo mataran. Engracia nunca quedóu ben. Aquel trauma marcóula pra sempre y anos despóis acabóu quitándose a vida.

BIBLIOGRAFÍA CITADA

BDU = Base de datos de las víctimas de la Guerra Civil y de la represión franquista en Asturias (Universidá d’Uvieo. Dir.: Carmen García García)

Todoslosnombres = Base de datos de Todos los nombres de Asturias


[1] Nun souben d’él hasta hai pouco, polo que nun aparece nel llibro Como augua de torbón. Teño qu’agradecer á súa sobría, María Jesús Fernández Pastur, que mo dera a conocer y que quixera cuntarme esperiencias familiares tan dolorosas. Nel llibro recoyo dalgús casos aparecidos al de Celestino, personas vecías del estremo noroccidental asturiano asesinadas mentres taban presas nel centro d’Asturias despóis de cayer el frente norte: el castripoleño José Antonio Cancio Villar (pp. 460-462), os vecíos de Tapia Aniceto Berdiales Berdiales (p. 455), Carlos González Vigier (pp. 569-570) y Alejandro Argul Villanueva (pp. 443-446), y el vecín da Caridá David Méndez González (pp. 617-618). Tamén asesinaron en circunstancias aparecidas y nese periodo a os cuañeses Manuel Gayol Méndez (pp. 534-535), qu’antias da guerra era vecín de Xixón, y José Sánchez Reinal (pp. 370-371), entoncias vecín de Muros.

[2] Condo en 1937 as autoridades franquistas abren un espediente de responsabilidá civil a un feixe de vecíos da Veiga, figuran na llista el padre y a madre, ademáis dos fiyos Celestino, Benigno, Camilo, Engracia y Fermina, todos col arcuño de «Andoscos» y vecíos da Cal. Tamén tán, como vecíos de Ferreira, Elvira y el sou home, Manuel Canel Castaño, que daquella taba na guerra reclutao pol bando sublevao (BOPO, 29-9-1937). Tempo despóis, suspendérase a instrucción d’esos espedientes (BOPO, 9-8-1938). Tanto Elvira como outra irmá, Josefa, aparecen como receptoras d’úa axuda das autoridades franquistas por teren os homes nel frente (BOPO, 13-12-1937). Gracias a os datos del padrón, sabemos qu’en 1930 vivían na casa, ademáis dos padres, Celestino, Benigno, Camilo, Engracia, Fermina, Faustina, Elvira y Josefa. José María aparece como de Santalla y Petra como de Samartín. Como profesión dos homes, todos poin xornaleiros; das muyeres, como era avezo daquella, os sous llabores. Agradézoye a Pepe Mesa, sempre disposto a botar úa mao, que m’apurrira copias das páxinas correspondentes del padrón.

[3] Todas as referencias a os avatares de Celestino hasta xeneiro de 1937 tán sacadas da documentación militar que se conserva d’él nel Centro Documental da Memoria Histórica (CDMH. PS Xixón. HC 12, IC 78, KC 248).

[4] Celestino diz d’él que figura como desaparecido (CDMH. PS Xixón. HC 12) y, núa declaración xurada posterior (CDMH. PS Xixón. I C 78), esplica que morréu en combate el 8 d’agosto en Ḷḷuarca. Nas llistas actuales de víctimas (BDU, Todoslosnombres) nun hai ningún Amador Díaz entre as baxas d’aquellos días nese frente. Se nun é dalgúa das personas con ese nome y ese primeiro apellido qu’aparecen nesas llistas con outras fechas y sitos de morte, pode tratarse d’outra máis das muitas víctimas republicanas que faltan por conocer.

[5] CNT, 1-1-1937.

[6] PS Xixón KC 260. En realidá, firma por él outra persona «por no saber firmar». Así y todo, a súa rúbrica figura noutro documento anterior condo solicita información sobre a súa situación ás autoridades militares (PS Xixón HC 12). Tamén nel padrón de 1930 pon que sabe ller y escribir.

[7] PS Xixón, KC 248. Debéu coincidir con outros veigueños que lluitaron nel mesmo batallón, como Julián Yanes, morto nel frente de Les Regueres (Como augua de torbón, pp. 713-714) ou José Martínez Bustelo, fusilao despóis da cayida del frente (Como augua de torbón, pp. 611-612).

[8] El nome qu’aparece na ficha d’ingreso é Engracia Pastur García, pro el segundo apellido ten que tratarse d’un equivoco. Figura como vecía da Veiga, solteira, de 24 anos, d’oficio cocieira, y socialista (PS Xixón KC 260). En realidá, nacera en Samartín d’Ozcos el 7 d’agosto de 1911, así que fixera había pouco máis d’un mes os 25 anos.

Un comentario en “Celestino Pastur López

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s